PO FSE Galicia 2014-2020
A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario 2014-2020, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020. Se instrumentaliza fundamentalmente a través de 3 fondos: FEDER, FSE e de Cohesión e vai dirixida a todas as rexións europeas.
Na elaboración do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 interviñeron tanto as Administracións públicas involucradas (Comunitaria, Estatal, Autonómica e Local) como outras institucións e axentes económicos sociais galegos.
A Axuda FSE asignada pola UE ao Estado español, que está vinculada á potenciación da política rexional comunitaria 2014-2020, ascende a 8.448,9 millóns de euros, que se articulará a través de Programas Operativos rexionais e plurirrexionales. A parte do FSE nacional que se investirá en Galicia ao longo do período supoñerá 912,6 millóns de euros, incluíndo o Fondo Europeo de Axuda aos máis Desfavorecidos (FEAD), dos que 322,2 corresponden ao PO FSE Galicia e o resto aos Programas FSE plurirrexionales.
O Custo total previsto do presente Programa ascende a 402,8 millóns de euros, dos que o 80% corresponde á Axuda comunitaria (322,2 millóns de euros) e o 20% restante corresponde á cofinanciación da Xunta de Galicia (80,6 millóns de euros).
As actuacións que se cofinanciarán co PO FSE Galicia 2014-2020 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes prioridades estratéxicas: a promoción da sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación; e o investimento en educación e formación.
O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FSE para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico e social de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.
- Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020
- Anexos do PO FSE Galicia 2014-2020
- Decisión da Comisión de aprobación do PO FSE Galicia 2014-2020
- Avaliación ex ante do PO FSE Galicia 2014-2020 (outubro 2015)
- Manual Seguemento e Avaliación FSE
- Guía práctica de recollida de datos e validación FSE
- Acto de lanzamento do PO FSE Galicia 2014-2020
- Comité de Seguimento do PO FSE 2014-2020
- Criterios de Selección de Operacións do PO FSE Galicia 2014-2020
- Descrición de funcións e procedementos do organismo intermedio para as actuacións cofinanciadas polo FSE en España no período de programación 2014-2020 nos Programas Operativos FSE Galicia 2014-2020 e POEX 2014-2020
- Manual de Procedementos PO FSE Galicia 2014-2020 e PO de Emprego Xuvenil 2014-2020
- Informes de execución do PO FSE Galicia 2014-2020
- Avaliacións do PO FSE Galicia 2014-2020 durante o período de programación
- Avaliacións temáticas FSE 2014-2020
- Operacións de Asistencia técnica cofinanciadas co PO FSE Galicia 2014-2020
►Portal web do Alicerce Europeo de dereitos sociais
(Comisión Europea)
►Portal web da Rede de Autoridades Ambientais - RAA
►Portal web da Rede de Iniciativas Urbanas – RIU
►Portal web da Rede de Políticas de Igualdade entre
Mulleres e Homes nos Fondos Comunitarios
► Portal web da Rede de Inclusión Social
►Portal web da Fundación Secretariado Xitano e
Rede EURoma
►Portal web de Simplificación FSE 2014-2020 (UAFSE)
Documentos asociados
- Orientacións sobre indicadores FSE 2014-2020 (UAFSE, setembro 2018)
- Declaración Institucional do Organismo Intermedio do PO FSE Galicia 2014-2020 (05.12.2016)
- Orde ESS/1924/2016, de 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 (Ministerio de Emprego e Seguridade Social, BOE 21.12.2016)
- Circular DXPF C1/1420 relativa á autorización previa das operacións susceptibles de recibir financiamento no marco dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEX), que se inicien con anterioridade á aprobación dos programas e os correspondentes documentos de criterios de selección de operacións
- Circular DXPF C2/1420, pola que se prorroga a vixencia da Circular DXPF C1/1420 ata a aprobación dos Sistemas de Xestión e Control dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEX)
- Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016