Período Comunitario 2007-2013
Desde a reforma de 1988, a evolución da política rexional comunitaria estivo condicionada pola procura dunha maior eficiencia e eficacia nas intervencións e pola intención de que as operacións de desenvolvemento rexional máis tradicionais desen paso a outras máis innovadoras.
En 2007 inaugúrase unha nova etapa na definición dos obxectivos comunitarios de cohesión, producida tamén pola entrada de novos países na UE e pola reorientación de prioridades da Axenda de Lisboa.
O principal cambio producido foi a reestruturación dos grandes Obxectivos, que quedan en tres: Converxencia, Competitividade rexional e emprego e Cooperación territorial europea.
Outras variacións destacadas teñen relación cun enfoque máis estratéxico das prioridades, cunha maior descentralización, cunha simplificación dos fondos comunitarios, cunha maior consideración das especificidades territoriais e con novos instrumentos financeiros, e coa introdución de novos principios, como a proporcionalidade, a igualdade entre mulleres e homes, a non discriminación e o desenvolvemento sustentable.
A planificación económica de Galicia, que foise perfeccionando cos anos e os sucesivos períodos de programación comunitaria co fin de mellorar o benestar económico e social dos cidadáns, estivo presidida por un carácter fortemente estratéxico desde os seus primeiros pasos.
- P.O. FEDER Galicia 2007-2013
- P.O. FSE Galicia 2007-2013
- P.O. de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013
- P.O. de Cooperación Territorial Transnacional Espazo Atlántico 2007-2013
- P.O. de Cooperación Territorial Transnacional Sudoeste Europeo 2007-2013
- P.O. Cooperación Interrexional 2007-2013
- P.Os. Plurirrexionais 2007-2013
- Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) 2007-2013
- Seguimento e Avaliación 2007-2013
- Converxencia Económica 2007-2013
- Axudas de Estado 2007-2013
- Normativa 2007-2013
- Publicidade e información comunitaria 2007-2013