PO do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) 2014-2020
A intervención do PO do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) reformúlase desde a óptica da complementariedade e creación de sinerxias cos programas operativos do FSE. A nivel nacional está financiado por unha Axuda comunitaria de 563,4 millóns de euros, sendo o Custo total do mesmo de 662,8 millóns de euros.
O FEAD ten como obxecto facilitar bens de primeira necesidade (alimentos) a persoas excluídas ou en grave risco de exclusión social con medidas de acompañamento básicas para, unha vez cuberta a necesidade alimentaria, poñerlles en disposición de acceder a outras actividades de fomento da inclusión social que se financian no marco do FSE. Desta forma, mentres o primeiro cobre necesidades vitais e urxentes das persoas desfavorecidas, o segundo complementa e prosegue o proceso de inclusión do OT9, principalmente, e contribúe a promover a inclusión activa no mercado de traballo.
A Axuda prevista que se investirá en Galicia a través deste Programa ascende a 28,2 millóns de euros.
► Portal web do FEAD 2014-2020. UAFSE
Documentos asociados
- Informe de resultados da enquisa estruturada sobre o alcance da axuda e os destinatarios finais do FEAD (2017)
- Programa Operativo do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) 2014-2020 (Aprobado pola Comisión Europea o 17.12.2014)
- Decisión de Execución da Comisión C(2014) 10111 final, de 17 de decembro de 2014, pola que se aproba o Programa Operativo sobre [axuda alimentaria e/ou asistencia material básica] para a solicitude de axuda do Fondo de Axuda Europea para as Persoas Máis Desfavorecidas en España