Volver ao contido

PO CTE Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020

A Cooperación Territorial Europea, que é un Obxectivo da Política de Cohesión, busca proporcionar un marco para o intercambio de experiencias entre axentes locais, rexionais e nacionais de Estados membros diferentes e impulsar accións conxuntas para achar solucións comúns a problemas compartidos. Abarca as cooperacións transfronteiriza, transnacional e interrexional.


O Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 pretende abordar os retos comúns que foron identificados nas rexións fronteirizas. Trátase pois dun Programa para actuar no espazo fronteirizo de España-Portugal, que está conformado por 37 NUTS III pertencentes a ambos os países. Por parte de Galicia abarca ás 4 provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.


O POCTEP 2014-2020 persegue actuar en 5 grandes ámbitos, que están relacionados coa investigación e a innovación, coa competitividade das PEME, coa adaptación ao cambio climático en todos os sectores, coa protección do medio ambiente e coa mellora da capacidade institucional das administracións e os servizos públicos.


O investimento previsto no Programa ascende a un custo total de 484 millóns de euros, dos que 366 millóns constitúen a axuda comunitaria FEDER.


A zona transfronteiriza formada por Galicia-Norte de Portugal caracterízase por unha gran mobilidade e densidade demográfica, sumándose a iso a existencia de lazos comúns, proximidade cultural e favorables experiencias, o que permite converter esta cooperación nun instrumento de desenvolvemento territorial fundamental.

 

Portal web do Programa Operativo de Cooperación
      Transfronteiriza España-Portugal 2014-2020

 

 

Union Europea

Documentos asociados