PO FEDER Galicia 2014-2020
A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario 2014-2020, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020. Instrumentalízase fundamentalmente a través de 3 fondos: FEDER, FSE e de Cohesión e vai dirixida a todas as rexións europeas.
A Axuda FEDER vinculada á potenciación da política rexional comunitaria 2014-2020 en España, ascende a 20.681,4 millóns de euros (versión actualizada 2017 do Acordo de Asociación entre a UE e España), e articúlase a través de Programas Operativos rexionais e plurirrexionais. A parte do FEDER nacional que se investirá en Galicia ao longo do período supoñerá 2.018 millóns de euros, dos que 913,7 corresponden ao PO FEDER Galicia e o resto aos Programas FEDER Plurirrexionais.
O Custo total previsto do presente PO, actualizado en 2017, ascende a 1.142,1 millóns de euros, entre recursos públicos e privados, dos que o 80% corresponde á Axuda comunitaria (913,7 millóns de euros), o 16,3% corresponde á cofinanciación da Xunta de Galicia (186,5 millóns de euros), e o 3,7% restante (42 millóns de euros) será achegado polo sector privado nos Eixos 1, 3 e 4.
As actuacións que se cofinanciarán co PO FEDER Galicia 2014-2020 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes prioridades estratéxicas: a investigación e a innovación; as tecnoloxías da información e a comunicación; a competitividade das PEME; unha economía baixa en carbono; a adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos; a protección ambiental e a promoción da eficiencia de recursos; a promoción da inclusión social e a loita contra a pobreza e a discriminación; e o investimento en educación e formación.
O Programa que se presenta detalla, para o período 2014-2020, unha estratexia rexional concertada FEDER para facer fronte aos principais retos do desenvolvemento económico de Galicia e acelerar a converxencia coa UE.
- Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020
- Anexos do PO FEDER Galicia 2014-2020 (12.02.2015)
- Decisión da Comisión de aprobación do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Avaliación ex ante do PO FEDER Galicia 2014-2020 (febreiro 2015)
- Manual de Indicadores de Produtividade FEDER (versión 11)
- Fichas de Indicadores de Resultado FEDER
- Acto de Lanzamento do PO FEDER Galicia 2014-2020 (30.03.2015)
- Comité de Seguimento do PO FEDER 2014-2020
- Criterios e Procedementos de Selección de Operacións do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Descrición de funcións e procedementos do Organismo Intermedio Consellería de Facenda, Xunta de Galicia, para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España no periodo de programación 2014-2020 no Programa Operativo FEDER Galicia
- Manual de Procedementos do PO FEDER Galicia 2014-2020 (setembro 2020)
- Informes de execución do PO FEDER Galicia 2014-2020
- Avaliacións do PO FEDER Galicia 2014-2020 durante o período de programación
- Avaliacións Temáticas FEDER 2014-2020
- Operacións de Asistencia técnica cofinanciadas co PO FEDER Galicia 2014-2020
►Portal web dos beneficiarios do PO FEDER
Galicia 2014-2020 (MINHAC)
►Portal web da lista de operacións do PO FEDER
Galicia 2014-2020 (MINHAC)
►Portal web da Rede de Políticas Públicas de I+D+i
►Portal web da Rede de Autoridades Ambientais - RAA
►Portal web da Rede de Iniciativas Urbanas – RIU
►Portal web da Rede de Políticas de Igualdade entre
Mulleres e Homes nos Fondos Comunitarios
►Portal web ITI azúl – Estratexia Atlántica (MINHAC)
►Portal web da Rede REBECA. Economía Baixa en Carbono
(IDAE)
Documentos asociados
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2023
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2022
- Ficha descriptiva de las bases reguladoras de ayudas (2022). Programa operativo FEDER Galicia 2014-2020
- Ficha descriptiva de la operación (2022). Selección de operaciones sin convocatoria previa en el marco del programa operativo FEDER Galicia 2014-2020
- Ficha descriptiva de la operación. Convocatoria de manifestación de expresiones de interés para potenciales beneficiarios de ayuda en el marco del programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 para el año 2022
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2021
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2020
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2019
- Convocatoria de manifestación de expresións de interese para potenciais beneficiarios de axuda no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 para o ano 2018
- Declaración Institucional do responsable do Organismo Intermedio do PO FEDER Galicia 2014-2020 (22.02.2017)
- Ficha descritiva da operación. Convocatoria de manifestación de expresións de interese 2021. Programa Operativo Galicia 2014-2020 (versión 2021)
- Ficha descritiva das bases reguladoras de axudas. PO FEDER Galicia 2014-2020 (versión 2021)
- Orde HFP/1979/2016, de 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 (BOE 30.12.2016)
- Circular DXPF C2/1420, pola que se prorroga a vixencia da Circular DXPF C1/1420 ata a aprobación dos Sistemas de Xestión e Control dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEX) (18.12.2015)
- Circular DXPF C1/1420 relativa á autorización previa das operacións susceptibles de recibir financiamento no marco dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020 e Programa Operativo de Emprego Xuvenil 2014-2020 (POEX), que se inicien con anterioridade á aprobación dos programas e os correspondentes documentos de criterios de selección de operacións (03.10.2014)