Volver ao contido

PO FSE Emprego Xuvenil 2014-2020

Como resposta á Recomendación do Consello relativa á implantación da Garantía Xuvenil, o 19 de decembro de 2013 o Goberno de España presentou á CE o Plan Nacional de Garantía Xuvenil.  Este Plan, que se atopa aliñado coa Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016, recolle un catálogo común de actuacións que serán desenvolvidas polos organismos intermedios do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX) e terán como obxectivo a redución do desemprego xuvenil.  A Iniciativa de Emprego Xuvenil representa un dos instrumentos máis importantes para o desenvolvemento da Garantía Xuvenil en España e articularase a través deste Programa Operativo.

A Estratexia de Emprendemento e Emprego Novo 2013-2016 establece entre as principais causas do desemprego xuvenil en España as seguintes: alta taxa de abandono escolar; polarización do mercado de traballo; escaso peso relativo da Formación Profesional de grao medio; escasa empregabilidade dos mozos, especialmente no relativo ao coñecemento de idiomas estranxeiros; alta temporalidade; alta contratación parcial non desexada; difícil acceso ao mercado laboral dos grupos en risco de exclusión social; e necesidade de mellorar os niveis de autoemprego e iniciativa empresarial entre os mozos.

O POEJ, que ten ámbito plurirrexional, dispoñerá dunha axuda comunitaria de 3.208.771.280 euros, dos que a Iniciativa de Emprego Xuvenil aporta 1.361.660.750 euros e o FSE o resto.

Galicia participará na xestión deste PO cunha axuda estimada de 123.501.000 euros para todo o período subvencionable.

 

►  Portal web do Portal Europeo de dereitos sociais
       (Comisión Europea)

►  Portal web do PO Emprego Xuvenil 2014-2020 en Galicia 
       (Programa de Garantía Xuvenil). Xunta de Galicia

►  Portal web da Rede de Políticas de Igualdade entre
       Mulleres e Homes nos Fondos Comunitarios
       (Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade)

 

Union Europea

Documentos asociados