Volver ao contido

Criterios de Selección de Operacións do PO FSE Galicia 2014-2020

Entre as funcións do Comité de Seguimento do PO FSE Galicia 2014-20 figura a de examinar e aprobar a metodoloxía e os criterios de selección de operacións do Programa Operativo.

 

Os criterios de selección de operacións asegurarán a contribución das operacións ao logro dos obxectivos e resultados específicos das Prioridades de Investimento do PO, serán transparentes e non discriminatorios, e terán en conta os principios de promoción da igualdade entre homes e mulleres e non discriminación e de desenvolvemento sustentable.

 

As operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FSE se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que o beneficiario presente á autoridade de xestión a solicitude de financiamento conforme ao Programa, á marxe de que o beneficiario efectuase todos os pagos relacionados.

 

Debe existir certeza de que, se a operación comezou antes de presentarse unha solicitude de financiamento á autoridade de xestión, cumpriuse a normativa aplicable á operación.

 

Cando o gasto das operacións pase a ser subvencionable como consecuencia da modificación introducida no PO, só será subvencionable a partir da data en que se presente á Comisión a solicitude de modificación ou, no caso de que se aplique o artigo 96.11 do Regulamento (UE) Nº 1303/2013, a partir da data de entrada en vigor da resolución pola que se modifica o Programa.

 

 

Union Europea