PO CTE Interrexional Europa 2014-2020
O INTERREG EUROPA, que é continuación do PO INTERREG IVC 2007-2013, apoia iniciativas de cooperación entre as rexións dos Estados membros da UE e de Noruega e Suíza para mellorar a efectividade das súas políticas e programas relacionados coa Estratexia Europa 2020, que busca lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador para todo o espazo comunitario.
O obxectivo do programa é facilitar a capitalización de actuacións que constitúan boas prácticas dos socios participantes, principalmente das administracións públicas, para fortalecer as políticas rexionais e compartir e apoiar o intercambio de experiencias entre rexións para un maior beneficio dos cidadáns.
O PO de CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 está estruturado en 5 Eixos, incluído o de Asistencia Técnica:
- A investigación e a innovación.
- A competitividade das PEME.
- Economía baixa en carbono.
- A eficiencia dos recursos e o medio ambiente.
- Asistencia Técnica.
O investimento total previsto para o programa ascende a 426.309.618 €. A axuda FEDER supón 359.326.320 €. (84,29% do total do custo), mentres que a achega privada representa o 1,35% e o resto achegarao a cofinanciación pública (14,36%). As porcentaxes de cofinanciación son do 84,99% nos Eixos 1 a 4, e do 74,52% no Eixo 5. Adicionalmente, os socios de Noruega e Suíza participan con fondos nacionais dos seus respectivos con 6.000.827€.
► Portal web do PO de CTE Interregional INTERREG
EUROPA 2014-2020
Documentos asociados
- Informe execución 2019 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (11.09.2020)
- Resumo para cidadáns 2019 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (setembro 2020)
- Manual do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020, versión 9 (24.02.2021)
- Cooperation Program INTERREG EUROPE 2014-2020 (06.05.2015)
- Avaliación Ambiental Estratéxica. Informe ambiental. PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (abril 2014)
- Avaliación ex ante do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (xuño 2014)
- Decisión de Execución C(2015) 4053 final, da Comisión Europea, pola que se aproban determinados elementos do programa de cooperación «Interreg Europe» para optar a axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conforme ao obxectivo de cooperación territorial europea, en todos os Estados membros, coa participación de Noruega e Suíza (11.06.2015)
- Estratexia de Comunicación do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (19.01.2016)
- Plan de Avaliación do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (29.03.2016)
- Resumo para cidadáns e informe execución 2014-2015 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (26.05.2016)
- Resumo para cidadáns e informe execución 2016 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (23.06.2017)
- Resumo para cidadáns e informe execución 2017 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (28.05.2018)
- Manual do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020, versión 6 (19.12.2018)
- Informe execución 2018 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (25.05.2019)
- Resumo para cidadáns 2018 do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020 (xuño 2019)
- Manual do PO CTE INTERREG EUROPA 2014-2020, versión 8 (09.09.2020)