Converxencia económica 2007-2013
O acordo de perspectivas financeiras 2007-2013 permite que España siga sendo un dos principais países beneficiarios da política rexional europea. Así, España termina o período 2000-2006 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo 1 e inicia o período 2007-2013 cunha maioría de rexións dentro do Obxectivo de Competitividade Rexional e Emprego, e cun período transitorio de saída do Fondo de Cohesión.
Para o novo período proponse un marco simplificado para a política de cohesión baseado en 3 grandes Obxectivos, Converxencia, Competitividade Rexional e Emprego, e Cooperación Territorial Europea, que tratan de garantir a adecuada aplicación das Axendas de Lisboa e Gotemburgo tendo en conta tamén as circunstancias específicas das rexións.
Galicia atópase no grupo de rexións españolas incluídas no Obxectivo Converxencia, que persegue crear unhas condicións máis favorables para o crecemento e o emprego.
Neste apartado pódense consultar outros documentos relevantes distintos dos Programas Operativos, que complementan a planificación económica da C.A. e o proceso de converxencia de Galicia con España e a Unión Europea.
Documentos asociados
- Informe Seguimento Estratéxico 2012 do MENR (Marco Estratéxico Nacional de Referencia) (xaneiro 2013).
- Marco Estratéxico Nacional de Referencia de España (MENR) 2007-2013 (27 de abril de 2007)
- Informe 2009 de Seguimento Estratéxico do 'Marco Estratéxico Nacional de Referencia' (21.12.2009)
- Resumo Executivo do MENR España 07-13
- Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013 (MECEGA) (Formato PDF)
- Programa Nacional de Reformas de España (PNR) 2005 (Formato PDF)
- Programa Nacional de Reformas de España 2011
- Programa de Estabilidade España 2011-2014