Volver ao contido

Programa Operativo FSE Galicia 2007-2013

A programación do Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2007-2013 inscríbese no Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (MECEGA), que establece a estratexia de intervención dos Fondos Estruturais, reorientando a política económica comunitaria da Xunta de Galicia cara á promoción dos factores de desenvolvemento ligados á Estratexia de Lisboa: renovar as bases da competitividade, aumentar o crecemento e a produtividade, e reforzar a cohesión social a través do coñecemento, a innovación e a valorización do capital humano.

 

Este marco de actuación fixa como Obxectivo Global para Galicia a 2013 "Converxer en termos de crecemento e emprego, grazas ao fomento dunha economía baseada no coñecemento", definindo unha estratexia integrada de desenvolvemento rexional que dá resposta ás necesidades e potencialidades existentes en Galicia.

 

Para a consecución deste Obxectivo Global, establécense catro Obxectivos Finais:

  • "Impulsar e dinamizar a economía rexional facendo de Galicia un lugar máis atractivo para investir e traballar".
  • "Incrementar a competitividade do tecido produtivo galego a través do coñecemento e a innovación".
  • "Aumentar a cohesión social e territorial de Galicia mellorando os niveis de cualificación, a calidade do emprego e a inclusión social".
  • "Reforzar a sinerxía entre crecemento e desenvolvemento sostible".

 

No proceso de elaboración do Programa Operativo do FSE interviñeron tanto as distintas Administracións involucradas (Comunitaria, Autonómica e Local), coma outras institucións e axentes económicos e sociais. 

 

As actuacións definidas no presente Programa Operativo son coherentes coas 24 Directrices Integradas para o Crecemento e o Emprego 2005-2008, co Plan Nacional de Reformas 2005-2010 e co Marco Estratéxico Nacional de Referencia 2007-2013, que recollen a Estratexia Europea para o Emprego 2005-2008 no marco dos Obxectivos de Lisboa a 2010. Así mesmo, respecta a complementariedade coas outras formas de intervención comunitaria na Comunidade Autónoma.

 

A Comisión das Comunidades Europeas adoptou o Programa Operativo de intervención comunitaria do Fondo Social Europeo no marco do Obxectivo de Converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, por Decisión C(2007) 6733, do 18 de decembro de 2007, CCI 2007 ES 051 PO 004.

 

O importe total do Programa ascende a 448,1 millóns de euros entre recursos públicos autonómicos e comunitarios, dos que 358,5 millóns corresponden a Axuda comunitaria .

 

As actuacións que se confinanciarán a través do PO FSE Galicia 2007-2013 están relacionadas fundamentalmente co impulso das seguintes cinco prioridades: Espírito empresarial e adaptabilidade de traballadores, empresas e empresarios; Empregabilidade, inclusión social e igualdade entre homes e mulleres; Capital humano; Cooperación trasnacional e interrexional; e Asistencia técnica.

 

O contido da presente edición responde á versión adoptada pola Comisión, unha vez traducida ao galego, á que se lle engade a copia do documento de Adopción do Programa Operativo.

 

O Plan que se presenta a continuación detalla, para o período 2007-2013, a articulación das liñas de actuación previstas que contribúen á consecución dos obxectivos de Galicia relativos ao reforzo da cohesión económica e social, mellorando as oportunidades de traballo e favorecendo o nivel de emprego e de calidade.

 

 

Portal web da UAFSE. Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
      Lista de beneficiarios dos POs FSE 2007-2013 de España