Programa Operativo de Cooperación Territorial Transnacional Sudoeste Europeo 2007-2013
Os 4 programas de Cooperación Territorial Transnacional son:
- Espazo Sudoeste Europeo, onde participan Francia, Portugal, Reino Unido e España (agás Canarias).
- Espazo Mediterráneo, onde participan Italia, Portugal, Reino Unido, Francia, Grecia, Eslovenia, Malta, Chipre e España (Aragón, Cataluña, Baleares, Andalucía, Valencia, Murcia, Ceuta e Melilla), e Suíza.
- Espazo Madeira-Azores-Canarias (Programa ultraperiférico).
- Espazo Atlántico, onde participan Reino Unido, Irlanda, Francia, Portugal e España (Galicia, Asturias, Cantabria, Navarra, País Vasco, e tres NUTS III de Andalucía: Cádiz, Huelva e Sevilla).
Galicia participa na Cooperación T. Transnacional 2007-2013, que é cofinanciada polo FEDER, a través de 2 POs: Espazo Atlántico e Espazo Sudoeste Europeo.
O novo Espazo Sudoeste integra rexións pertencentes a 4 estados europeos. Queda configurado pola totalidade do territorio español, coa excepción de Canarias, a totalidade do espazo continental portugués, as seis rexións do Sudoeste de Francia e Xibraltar.
A realidade territorial do sudoeste europeo precisa da conveniencia de deseñar instrumentos de cooperación que favorezan o desenvolvemento do devandito espazo e a súa integración harmoniosa. A existencia de intereses comúns, no terreo do medio, a I+D+i, a sociedade da información ou a ordenación do territorio, abre un campo de posibilidades que é preciso aproveitar para consolidar os logros obtidos neste sentido.
Co fin de alcanzar os obxectivos formulados, establécense as seguintes Prioridades estratéxicas:
- Promoción da innovación e a constitución de redes estables de cooperación en materia tecnolóxica.
- Mellora da sustentabilidade para a protección e conservación do medio e a contorna natural do SUDOESTE.
- Integración harmoniosa do espazo do SUDOESTE e mellora da accesibilidade ás redes de información.
- Impulsar o desenvolvemento urbano sustentable aproveitando os efectos positivos da cooperación transnacional.
- Reforzo da capacidade institucional e aproveitamento da Asistencia técnica.
O custo total previsto para o Programa de Cooperación Territorial do Sudoeste Europeo 2007-2013 ascende a 132.055.638 euros. O financiamento do FEDER elévase a 99.413.459 euros, o que corresponde a unha taxa media de Axuda comunitaria do 75,28%. A España corresponderíalle a cantidade de 54.325.658 euros en Axuda.
Documentos asociados
- Proxectos aprobados 5ª convocatoria do PO INTERREG IVB SUDOE 2007-2013 (Comité de Programación. Madrid 27/05/2014)
- Proxectos aprobados 4ª convocatoria do PO INTERREG IVB SUDOE 2007-2013 (Comité de Programación. Madrid 18/06/2013)
- Proxectos aprobados 3ª convocatoria do PO INTERREG IVB SUDOE 2007-2013 (Eixes 1 e 2), (Comité de Programación. Lisboa 19/10/2012)
- Informe de Sustentabilidade Ambiental do P.O. de Cooperación Transnacional Espazo Sudoeste Europeo 07-13 (febreiro 2007)
- Proxectos aprobados 2ª convocatoria do PO INTERREG IVB SUDOE 2007-2013 (Eixes 1 e 2), (Comité de Programación. Bruselas, 29/11/2010)
- Programa Operativo de Cooperación Territorial Transnacional Sudoeste Europeo 2007-2013 (setembro 2007)
- Instrución conxunta da DX de Planificación e Fondos e da DX de Orzamentos relativa á tramitación dos expedientes de pagamento aos beneficiarios dos Programas de Cooperación Territorial 2007-2013 (01/07/2009)
- Proxectos aprobados 1ª convocatoria do PO INTERREG IVB SUDOE 2007-2013 (Eixes 1, 2, 3 e 4) (Comité de Programación. Madrid, 12/03/2009 e 04/06/2009)
- Programa Operativo de Cooperación Territorial Transnacional Sudoeste Europeo 2007-2013 (versión 12.03.2012)