Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España - Portugal 2007-2013
No marco do novo Obxectivo de Cooperación Territorial, España participa en 7 programas: 2 de C. Transfronteiriza (con Francia e Portugal), 4 de C. Transnacional e 1 de C. Interrexional.
A Cooperación Transfronteiriza é unha das clases de cooperación existente na programación comunitaria 2007-2013, as outras dúas son a interrexional e a transnacional.
O importe estimado para o PO de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal alcanza 207,18 millóns de euros 2007 (a parte de España). A parte de Portugal ascende a 60,22 millóns de euros 2007 de Axuda. O total do PO sería entón de 267,40 millóns de euros.
O Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, abrangue un territorio composto por 17 NUTS III fronteirizas, territorio este que constituirá o ámbito básico de aplicación.
Trátase, polo tanto, dun programa cunha forte incidencia territorial e, en menor escala, poboacional.
As 5 NUTS III fronteirizas na Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal son: Pontevedra, Minho-Lima, Cádavo, Ourense e Alto Trás-os-Montes; aos que se engaden os NUTS III adxacentes que no caso de Galicia son A Coruña e Lugo, e na parte do Norte de Portugal son a Área Metropolitana do Porto, Ave, Támega e Douro.
A C.A. Galega forma parte da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal (PO de CTT España-Portugal), que alcanza unha programación comunitaria de 54,10 millóns de euros 2007. A Xunta de Galicia xestionará Axuda por un importe de 28,86 millóns de euros 2007, o que representa o 53,35%, mentres que o AGE investirá na C.A. 25,24 millóns de euros para o novo período de programación.
Os Eixes de intervención nos que se materializan os ámbitos da Estratexia da Axuda de Cooperación Territorial Transfronteiriza en Galicia no período 2007-2013 son os seguintes:
- Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e a promoción do emprego.
- Cooperación e xestión conxunta en Medio, patrimonio e prevención de riscos.
- Cooperación e xestión conxunta en Ordenación do territorio e accesibilidade.
- Cooperación e xestión conxunta para a integración socioeconómica e institucional.
- Cooperación e xestión conxunta na Asistencia técnica de Cooperación Transfronteiriza.
► Portal web do Programa Operativo de Cooperación
Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013
Documentos asociados
- Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (28.09.2007)
- Avaliación Estratéxica Ambiental do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (Madrid, 30 de xaneiro de 2007).
- Proxectos aprobados en 2ª convocatoria do PO de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013. Áreas de Cooperación 1 (Galicia-Norte de Portugal) e 6 (Plurirrexional) no Comité de Xestión de Badaxoz, 02/03/2011.
- Documento de Estratexia conxunta 2007-2013 de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Rexión Norte de Portugal (11.04.2007)
- Avaliación do Plan de Comunicación do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, 2007-2013 (decembro de 2010)
- Proxectos aprobados en 1ª convocatoria do PO de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013, Área Galicia-Norte de Portugal (Comité de Xestión de Badaxoz, 28/01/2009)
- Instrución conxunta da DX de Planificación e Fondos e da DX de Orzamentos relativa á tramitación dos expedientes de pagamento aos beneficiarios dos Programas de Cooperación Territorial 2007-2013 (01/07/2009)
- Xornada de formación Transfronteiriza para proxectos aprobados na 2ª convocatoria do PO de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) 07-13, Área de Galicia-Norte de Portugal (Pontevedra 25.05.11).
- Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (abril 2011)
- Proxectos aprobados con participación de socios galegos na 3ª Convocatoria (Comité de xestión. Madrid, 16/07/2013)
- Manual de xestión, para beneficiarios da Xunta de Galicia, de proxectos do POCTEP 2007-2013 (Santiago de Compostela, xaneiro 2014)