Volver ao contido

Axudas estatais 2007-2013

A política de competencia é fundamental para a realización do mercado interior. A razón de ser do mercado interior consiste en que as empresas poidan competir en igualdade de condicións no mercado de calquera Estado membro.

 

A política de competencia ten por obxecto fomentar a eficacia económica creando un clima propicio para a innovación e o progreso técnico e protexe os intereses dos consumidores permitíndolles obter bens e servizos nas mellores condicións.

 

Permite así mesmo evitar que as empresas ou as autoridades nacionais poidan exercer prácticas contrarias á competencia que entorpezan a boa marcha da economía.

 

É por iso que a política europea de competencia debe impedirlle aos gobernos dos Estados membros falsear as normas de competencia mediante o outorgamento de axudas estatais.

 

►   Portal Web da UE sobre política de competencia

►   Portal Web da Dirección Xeral de Competencia
        da Comisión Europea

 

No contexto de libre competencia do mercado interior e, sobre todo, de apertura dos servizos públicos á competencia, os Estados membros interveñen en ocasións con recursos públicos para promover determinadas actividades económicas ou protexer industrias nacionais. Estas axudas estatais poden distorsionar a competencia favorecendo a determinadas empresas fronte os seus competidores.

 

As axudas estatais están prohibidas polo Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Sen embargo, hai excepcións que autorizan as axudas que se encontren xustificadas por obxectivos de interese común, por exemplo as dirixidas aos servizos de interese económico xeral, sempre que non distorsionen a competencia en contra do interése xeral. O control das axudas estatais exercido pola Comisión Europea ten por obxecto valorar o equilibrio entre os efectos positivos e negativos das axudas.

 

 

Union Europea

Información sobre normativa de axudas de Estado

A modernización das axudas estatais na Unión Europea. (2012-2013)

A iniciativa de Modernización das axudas estatais na Unión Europea.

O 8 de maio de 2012 a Comisión Europea aprobou o seu programa de reforma da política de Axudas públicas e adoptou a "Comunicación da Comisión ó Parlamento Europeo, ó Consolo, ó Comité Económico e Social Europeo e ó Comité das Rexións. Modernización das axudas estatais en la  UE. "

O programa de reforma busca un triplo obxectivo:

1.- Impulsar un crecemento sostible, intelixente e integrador nun mercado interior competitivo (identificación e definición de principios comúns, así como a revisión e racionalización das directrices sobre axudas, para que sexan coherentes con estes principios comúns;

2.- Concentrar o exame ex ante a Comisión nos asuntos con maior incidencia sobre o mercado interior, reforzando ó mesmo tempo a cooperación cos Estados membros na aplicación das normas sobre axudas, co que se incrementaría a responsabilidade dos Estados membros de garantir a súa correcta aplicación (Regulamento "de minimis", Regulamento de habilitación y  Regulamento xeral de exención por categorías)

3.- Racionalizar as normas e acelerar a toma de decisións (noción de axuda e Regulamento de procedimiento). Está previsto que os principais instrumentos do paquete, incluídos os actos do Consello, se adopten antes de finais de 2013.

State Aid Modernisation (SAM). Páxina WEB da Comisión.

Modernización das axudas estatais na UE.

Comunicación da Comisión ó Parlamento Europeo, ó Conselloo, ó Comité Económico e Social Europeo e ó Comité das Rexións (COM(2012) 209 final). Bruselas, 8.5.2012.

Modernización das axudas estatais na Unión Europea.

Dictame de Comité das Rexións. (2013/C 17/06) DOUE 19.1.2013