Volver ao contido

Publicidade e información comunitaria 2007-2013

No período de programación dos Fondos Estruturais 2007-2013 a normativa comunitaria sobre información e publicidade é máis esixente que no período 2000-2006. As autoridades comunitarias desexan potenciar a visibilidade dos Fondos Estruturais, facer máis transparente a súa xestión e, en especial, concienciar a cidadanía da importante contribución da Unión Europea ao crecemento económico e o benestar social das súas rexións.

 

De acordo con esta formulación, elaboráronse os Plans de Comunicación dos Programas Operativos FEDER e FSE 2007-2013 de Galicia, que establecen as medidas de información e publicidade que se deben ter en conta para unha maior notoriedade das actuacións da Unión Europea na nosa rexión.

 

Así mesmo, a Guía de Publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos Fondos Estruturais 2007-2013 en Galicia trata de facilitar o cumprimento das obrigas de información e publicidade comunitarias establecidas no Regulamento (CE) Nº 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006, no Regulamento (CE) Nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006 e no Regulamento (CE) Nº 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

 

A construción dunha Europa máis solidaria e igualitaria tamén pasa porque os seus cidadáns sexan conscientes do esforzo realizado e do progreso acumulado ao longo dos anos. Por iso, é importante dar a coñecer as actuacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais en Galicia, para visualizar e comprender mellor o papel da Unión Europea nas rexións que a integran.

 

Este apartado estrutúrase en 8 subapartados.

 

 

► Portal web da Rede de comunicación GERIP (Grupo Español
      de Responsables en materia de Información e Publicidade)

 

Union Europea