PO FEDER Crecemento Intelixente 2014-2020
Este programa integrouse no novo PO FEDER plurirrexional de España 2014-2020, a partir do 19.12.2017.
O Programa Operativo Crecemento Intelixente, que está cofinanciado polo FEDER no marco da Política de Cohesión, é un dos programas de ámbito plurirrexional que se investirá en Galicia no período 2014-2020.
O PO, cun custo total previsto de 5.863,2 millóns de euros a nivel nacional e unha Axuda FEDER de 3.939,2 millóns de euros, apoiará os seguintes Eixes prioritarios:
- Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación (FEDER: 2.894,7 millóns de euros).
- Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas (FEDER: 748,3 millóns de euros).
- Mellorar a competitividade das PEME (FEDER: 268,6 millóns de euros).
- Asistencia técnica (FEDER: 27,6 millóns de euros).
Os 3 primeiros Eixes terán cofinanciación pública e privada, mentres que o Eixe 4 só será cofinanciado por capital público.
Galicia encádrase neste período no grupo de rexións máis desenvolvidas, que a través deste Programa repartiranse un total de 1.778,3 millóns de euros de Axuda FEDER a nivel nacional. O importe estimado da Axuda FEDER que se investirá en Galicia ascende a 458,9 millóns de euros.
O grupo de rexións en transición repartiranse 2.021,4 millóns de euros de Axuda FEDER, mentres que o grupo de rexións menos desenvolvidas dispoñerán para os seus investimentos de 139,5 millóns de euros de Axuda FEDER.
- Programa Operativo FEDER Crecemento Intelixente 2014-2020
- Decisión de aprobación do PO Crecemento Intelixente 2014-2020
- Criterios e Procedementos de Selección de Operacións do PO Crecemento Intelixente 2014-2020
- Comité de Seguimento do PO Crecemento Intelixente 2014-2020
- Avaliacións do PO Crecemento Intelixente 2014-2020
- Informes de execución do PO Crecemento Intelixente 2014-2020
- Estratexia de comunicación do PO Crecemento Intelixente 2014-2020