Programa Cooperación Territorial Europea (Interreg) 2021-2027
A Cooperación Territorial Europea (CTE), máis coñecida como Interreg, é un instrumento de financiamento, deseñado no marco da Política de Cohesión, que ten como finalidade impulsar o desenvolvemento rexional a través da cooperación entre rexións europeas a diferentes niveis. Desta forma, Interreg articúlase arredor de tres eixos de cooperación: transfronteirizo (Interreg A), transnacional (Interreg B) e interrexional (Interreg C). Para o período 2021-2027 publicouse o Regulamento (UE) 2021/1059 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
A continuación indícanse os diferentes programas de financiamento que existen actualmente en cada un dos eixos, nos que poden participar rexións españolas, e en particular, Galicia:
INTERREG A: TRANSFRONTEIRIZO
- Interreg Sudoe
O Programa Interreg Sudoe apoia o desenvolvemento de proxectos rexionais no sudoeste de Europa (España, Francia e Portugal) a través do FEDER. O Principado de Andorra participa no Programa como país terceiro.
En España forman parta deste programa todas as rexións, agás Canarias. - Interreg POCTEP
O Programa de Cooperación Interreg España-Portugal – POCTEP promove o desenvolvemento de proxectos transfronteirizos entre diferentes rexións de España (Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía) e de Portugal.
INTERREG B: TRANSNACIONAL
- Interreg Atlantic Area
O Programa Interreg Espazo Atlántico promove a cooperación transnacional entre rexións atlánticas de catro países europeos (España, Francia, Irlanda e Portugal). O programa cofinancia proxectos de cooperación en diversos campos como son a innovación e competitividade, a eficiencia de recursos, a xestión de riscos territoriais, a biodiversidade e os bens naturais e culturais.
En España participan as seguintes rexións: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, Andalucía e Canarias.
INTERREG C: INTERREXIONAL
- Interreg Europe
O principal obxectivo do programa é apoiar aos gobernos rexionais e locais para desenvolver e ofrecer mellores políticas. En xeral, pretende mellorar a política de cohesión a través do intercambio de experiencias, a transferencia de boas prácticas e as iniciativas conxuntas para lograr un impacto integrado e sostible.
modelo-documentos-asociados
- Regulamento (UE) 2021/1059 do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de xuño de 2021 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento exterior (DOUE 30.06.2021 L 231)
- Decisión de Execución (UE) 2023/1638 da Comisión do 14 de agosto de 2023 pola que se modifica a Decisión de Execución (UE) 2022/75, pola que se establece a lista de zonas de programas Interreg que han de recibir axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financiamento exterior da Unión, desagregada por capítulos e programas Interreg no marco do obxectivo de cooperación territorial europea [notificada co número C (2023) 5460]. (DOUE 17.08.2023 L 204)
- Decisión de Execución (UE) 2023/1635 da Comisión do 14 de agosto de 2023 que modifica a Decisión de Execución (UE) 2022/74 pola que se establece a lista de programas Interreg e indícase o importe global da axuda total do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e de cada instrumento de financiamento exterior da Unión para cada programa e a lista dos importes transferidos entre capítulos no marco do obxectivo de cooperación territorial europea para o período 2021-2027 [notificada co número C(2023) 5459]. (DOUE 16.08.2023 L 203)
- DECISIÓN DE EXECUCIÓN (UE) 2022/75 DA COMISIÓN de 17 de xaneiro de 2022 pola que se establece a lista de zonas de programas Interreg que van recibir axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e dos instrumentos de financición exterior da Unión, desglosada por capítulos e programas Interreg no marco do obxectivo de cooperación territorial europea [notificada co número C(2022) 109]. (DOUE 19.01.2022 L12).
- DECISIÓN DE EXECUCIÓN (UE) 2022/74 DA COMISIÓN de 17 de xaneiro de 2022 pola que se establece a lista de programas Interreg e se indica o importe global da axuda total do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e de cada instrumento de financiación exterior da Unión para cada programa e a lista dos importes transferidos entre capítulos no marco do obxectivo de cooperación territorial europea para o período 2021-2027 [notificada co número C(2022) 131]. (DOUE 19.01.2022 L12).