Volver ao contido

Programa Transfronteirizo Interreg Sudoe 2021-2027

O Programa Interreg Sudoe 2021-2027 foi aprobado pola Comisión Europea o 13 de decembro de 2022.

Este programa apoia o desenvolvemento rexional no sudoeste de Europa, financiando proxectos transfronteirizos a través do fondo FEDER. Promove a cooperación para tratar problemáticas comúns ás rexións deste territorio, como o baixo investimento en investigación e desenvolvemento, a baixa competitividade da pequena e mediana empresa e a exposición ao cambio climático e riscos ambientais.

O Programa Sudoe seleccionou para o período 2021-2027 catro prioridades e nove obxectivos específicos:

  1. Preservar o capital natural e reforzar a adaptación ao cambio climático
    OS 2.4 Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas
    OS 2.5 Promover o acceso á auga e unha xestión hídrica sostible
    OS 2.7 Incrementar a protección e a conservación da natureza, a biodiversidade e as infraestruturas verdes, tamén nas zonas urbanas, e reducir toda forma de contaminación
  2. Promover a cohesión social e o equilibrio territorial e demográfico no Sudoe mediante a innovación e a transformación dos sectores produtivos
    OS 1.1  Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas
    OS 1.4 Desenvolver capacidades para a especialización intelixente, a transición industrial e o emprendemento
  3. Promover a cohesión social e o equilibrio territorial e demográfico no Sudoe a través da innovación social, a valorización do patrimonio e os servizos
    OS 4.1 Mellorar a eficacia e o carácter inclusivo dos mercados de traballo, así como o acceso a un emprego de calidade, mediante o desenvolvemento de infraestruturas sociaise a promoción da economía social
    OS 4.5 Velar pola igualdade de acceso á asistencia sanitaria e reforzar a resiliencia dos sistemas sanitarios, en particular a atención primaria, así como fomentar a transición da asistencia institucional á asistencia nos ámbitos familiar e local
    OS 4.6 Potenciar o papel da cultura e o turismo sostible no desenvolvemento económico, a inclusión social e a innovación social
  4. Reforzar o impacto do Sudoe nos territorios
    OS 6.6 Outras accións que apoien unha mellor gobernanza da cooperación

O investimento do programa para 2021-2027 é de 115.700.000 € procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

 

Convocatorias:

  1. Primeira Convocatoria Programa Interreg Sudoe (1.03.2023 a 31.03.2023)
    Relación de proxectos que pasan á 2ª fase
  2. Primeira Convocatoria 2ª fase Programa Interreg Sudoe (18.07.2023 a 11.10.2023)

 

Portal web:

 

 

Union Europea