Programa CTE Transnacional Espazo Atlántico 2021-2027
O Programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027 foi aprobado formalmente pola Comisión Europea o 8 de setembro de 2022. Como parte da Política de Cohesión da Unión Europea, o Programa apoia proxectos de cooperación transnacional en catro países: Francia, Irlanda, Portugal e España, contribuíndo aos obxectivos en materia de cohesión económica, social e territorial.
Con este novo programa, Interreg Espazo Atlántico renova o compromiso coas rexións atlánticas no apoio a iniciativas innovadoras que contribúan ao crecemento deste espazo, resolvendo os retos comúns a través da implementación de accións conxuntas, o intercambio de boas prácticas e a contribución a políticas novas ou actuais.
O programa estrutura a cooperación en catro prioridades temáticas e oito obxectivos específicos:
- Innovación azul e competitividade (unha Europa máis intelixente)
- Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e a adopción de tecnoloxías avanzadas.
- Aproveitar os beneficios da dixitalización para a cidadanía, as empresas, os organismos de investigación e as autoridades públicas.
- Medio ambiente azul e verde (unha Europa máis verde)
- Promover a eficiencia enerxética e reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas.
- Promover a transición a unha economía circular e eficiente no uso dos recursos.
- Mellorar a protección e a preservación da natureza, a biodiversidade e as infraestruturas verdes, incluso nas zonas urbanas, e reducir toda forma de contaminación.
- Turismo azul sostible e social e cultura (unha Europa máis social)
- Potenciar o papel da cultura e o turismo no desenvolvemento económico, a inclusión social e a innovación social.
- Unha mellor gobernanza para a cooperación na área atlántica (obxectivo Interreg)
- Mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas, en particular as encargadas de xestionar un territorio específico.
O investimento do programa para 2021-2027 é de 113.000.000 € procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
A porcentaxe de cofinanciamento dos proxectos aprobados pode ser de ata o 75% do investimento total.
Convocatorias:
Portal web: