Volver ao contido

Programa CTE Interreg Europe 2021-2027

Interreg Europa é un programa de cooperación interrexional, cofinanciado pola Unión Europea. A Unión Europea esfórzase por reducir as disparidades nos niveis de desenvolvemento, crecemento e calidade de vida nas rexións de Europa e entre elas. O programa contribúe a este obxectivo e esténdese desde 2021 ata 2027.

O programa conta cun orzamento de 379 MEUR para axudar aos gobernos locais, rexionais e nacionais de toda Europa a desenvolver e aplicar mellores políticas. Creamos un entorno de oportunidades para compartir solucións a problemas de desenvolvemento rexional. Apoiamos o intercambio de boas prácticas e aprendizaxe de políticas entre rexións europeas en 29 países: a UE27, Noruega e Suíza.

O programa contribúe a todas as prioridades da UE e loita por unha mellor gobernanza rexional a través do desenvolvemento de capacidades.

 

Europa máis intelixente:

  • Capacidades de investigación e innovación
  • Dixitalización
  • Competitividade das Pemes
  • S3, industria e emprendemento
  • Conectividade dixital

Europa máis verde:

  • Eficiencia enerxética
  • Enerxía renovable
  • Sistemas de enerxía intelixente
  • Cambio climático
  • Administración da Auga
  • Economía circular
  • Natureza e biodiversidade
  • Mobilidade urbana cero carbono

Europa máis conectada:

  • RTE-T sostible
  • Mobilidade sostible

Europa máis social:

  • Educación
  • Inclusión social
  • Integración de nacionais de terceiros países
  • Coidado da saúde
  • Cultura e turismo sostible

Europa máis preto da cidadanía:

  • Desenvolvemento urbano integrado
  • Desenvolvemento non urbano integrado

Mellor gobernanza rexional:

  • Gobernanza de políticas

 

Convocatorias:

  1. Primeira convocatoria (05.04.2022-31.05.2022)
  2. Segunda convocatoria (15.03.2023-09.06.2023)

 

Portal web:

 

 

Union Europea