Volver ao contido

Programa Cooperación Territorial Europea (Interreg) 2021-2027

A Cooperación Territorial Europea (CTE), máis coñecida como Interreg, é un instrumento de financiamento, deseñado no marco da Política de Cohesión, que ten como finalidade impulsar o desenvolvemento rexional a través da cooperación entre rexións europeas a diferentes niveis. Desta forma, Interreg articúlase arredor de tres eixos de cooperación: transfronteirizo (Interreg A), transnacional (Interreg B) e interrexional (Interreg C). Para o período 2021-2027 publicouse o Regulamento (UE) 2021/1059 sobre disposicións específicas para o obxectivo de cooperación territorial europea (Interreg) que recibe apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

A continuación indícanse os diferentes programas de financiamento que existen actualmente en cada un dos eixos, nos que poden participar rexións españolas, e en particular, Galicia:

 

INTERREG A: TRANSFRONTEIRIZO

  • Interreg Sudoe
    O Programa Interreg Sudoe apoia o desenvolvemento de proxectos rexionais no sudoeste de Europa (España, Francia e Portugal) a través do FEDER. O Principado de Andorra participa no Programa como país terceiro.
    En España forman parta deste programa todas as rexións, agás Canarias.
  • Interreg POCTEP
    O Programa de Cooperación Interreg España-Portugal – POCTEP promove o desenvolvemento de proxectos transfronteirizos entre diferentes rexións de España (Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía) e de Portugal.

 

INTERREG B: TRANSNACIONAL

  • Interreg Atlantic Area
    O Programa Interreg Espazo Atlántico promove a cooperación transnacional entre rexións atlánticas de catro países europeos (España, Francia, Irlanda e Portugal). O programa cofinancia proxectos de cooperación en diversos campos como son a innovación e competitividade, a eficiencia de recursos, a xestión de riscos territoriais, a biodiversidade e os bens naturais e culturais.
    En España participan as seguintes rexións: Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, A Rioxa, Andalucía e Canarias.

 

INTERREG C: INTERREXIONAL

  • Interreg Europe
    O principal obxectivo do programa é apoiar aos gobernos rexionais e locais para desenvolver e ofrecer mellores políticas. En xeral, pretende mellorar a política de cohesión a través do intercambio de experiencias, a transferencia de boas prácticas e as iniciativas conxuntas para lograr un impacto integrado e sostible.

 

 

Union Europea

Documentos asociados