Programación 2014-2020
As prioridades europeas de cara ao novo período comunitario 2014-2020 reforzan o proceso de programación estratéxica en consonancia coa Estratexia Europa 2020.
Os elementos crave do enfoque da política de cohesión 2014-2020 relaciónanse nunha serie de Documentos iniciais de programación 2014-2020 elaborados pola Comisión Europea.
Tamén, a Comisión Europea elaborou outra serie de Documentos de traballo para a programación 2014-2020, que constitúen unhas guías e fichas complementarias de gran axuda orientativa á hora de deseñar os programas operativos.
Cada programa conterá un enfoque estratéxico que contribúa á estratexia xeral da UE para un crecemento intelixente, sustentable e integrador e sexa coherente co MEC e co contrato de asociación. Tamén definirá, entre outros contidos, as prioridades, os obxectivos específicos, os indicadores de seguimento, o plan de avaliación do programa, os créditos financeiros da axuda comunitaria e a correspondente cofinanciación nacional.
Os Fondos do Marco Estratéxico Común (MEC) executaranse de acordo co contrato de asociación e a través de programas, que serán elaborados polos Estados membros, ou por calquera autoridade designada por eles, en colaboración cos socios.
A elaboración do PO FEDER Galicia 2014-2020 e do PO FSE Galicia 2014-2020 enmárcase dentro do Obxectivo de Investimento en Crecemento e Emprego, contribuíndo ambos ao desenvolvemento económico de Galicia e ao cumprimento da estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
►Portal web do Ministerio de Facenda. Fondos Comunitarios:
período 2014-2020
►Portal web do Ministerio de Facenda. Outros instrumentos
de política rexional en España
►Portal web do Ministerio de Facenda. Acordo de Asociación de
España 2014-2020
►Portal web do Ministerio de Facenda. Negociación do Marco
Financeiro Plurianual 2014-2020
modelo-documentos-asociados
- Informe de Evolución do Acordo de Asociación de España 2014-2020 (agosto 2019)
- Informe de Evolución do Acordo de Asociación de España 2014-2020 (agosto 2017)
- Avaliación Ex Post dos Investimentos en Infraestruturas de Transporte por Estrada e Ferrocarril apoiadas polo FEDER e Fondo de Cohesión. Períodos de programación 2000-2006 e 2007-2013. Informe Final
- Avaliación Ex Post dos Investimentos en Infraestruturas de Transporte por Estrada e Ferrocarril apoiadas polo FEDER e Fondo de Cohesión. Períodos de programación 2000-2006 e 2007-2013. Resumo Executivo
- Avaliación Ex Post dos Investimentos en Infraestruturas de Transporte por Estrada e Ferrocarril apoiadas polo FEDER e Fondo de Cohesión. Períodos de programación 2000-2006 e 2007-2013. Resumo Executivo. Versión Inglés
- Posición dos servizos da Comisión sobre o desenvolvemento do Acordo de Asociación e de programas en ESPAÑA no período 2014-2020. (Documento de traballo, versión final)
- Orientacións para a integración do principio horizontal de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nos Programas Operativos dos Fondos Estruturais do período 2014-2020 (30 de outubro de 2013)
- Documento de traballo: Programación 2014-2020 (CCAA). Parte II. MINHAP (xaneiro 2013)
- Plan de acción para a estratexia marítima na rexión atlántica. Promover un crecemento intelixente, sustentable e integrador. COM(2013) 279 final de 13.05.2013.
- Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3) 2014-2020 (2014)
- A promoción da Inclusión Social a través dos Fondos Estruturais e de Investimento da UE (período 2014-2020). Guía de orientacións e recomendacións prácticas
- Arquitectura do FSE en España. Marco 2014-2020 (maio 2014)
- Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Horizonte 2020, Programa Marco de Investigación e Innovación, COM(2011) 808 final (30.11.2011)