Volver ao contido

Avaliación ex ante 2014-2020

Co fin de mellorar a calidade da concepción de cada programa e de verificar que é posible lograr os seus obxectivos e metas, debe efectuarse unha avaliación ex ante do mesmo.

 

A avaliación-ex ante dos programas deberá presentarse á Comisión ao mesmo tempo que o propio programa, xunto cun resumo executivo. O seu contido deberá ser coherente coas orientacións da Comisión e a normativa esixible específica, e incorporará, cando cumpra, os requisitos da avaliación estratéxica ambiental.

 

Neste sentido, a avaliación ex ante do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 e a avaliación ex ante do PO FSE Galicia 2014-2020 presentáronse á Comisión Europea xunto cos seus respectivos Programas.

 

En ambas avaliacións ex ante abórdase, en particular, a adecuación da estratexia de cada un dos programa, os obxectivos correspondentes, os indicadores, as metas e a asignación de recursos orzamentarios.

 

►  Portal web da DX Política Rexional e Urbana da Comisión
       Europea. Evaluación

►  Portal web da DX de Política Rexional e Urbana da Comisión
       Europea. Nova orientación para os plans de avaliación

 

 

Union Europea