Orzamentos da UE 2014-2020
O orzamento da UE é diferente dos orzamentos nacionais. A UE non financia directamente a asistencia sanitaria ou a educación, como tampouco financia a policía ou as forzas armadas. A súa lóxica é paneuropea, non nacional. O seu pequeno tamaño en termos relativos permítelle concentrarse naqueles ámbitos nos que achega un elevado valor engadido para a UE. O orzamento da UE non pretende financiar iniciativas que os Estados membros poderían financiar por si mesmos. A súa razón de ser é que hai actividades que se han de financiar para que a UE poida funcionar ou porque poden levar a cabo de forma máis económica e efectiva mediante o financiamento colectivo do orzamento da UE. Existe para:
- Financiar as políticas comúns que os Estados membros decidiron que deben levar a cabo a nivel da UE (como, por exemplo, a Política Agrícola Común).
- Expresar a solidariedade entre todos os Estados membros e todas as rexións con obxecto de contribuír ao desenvolvemento das rexións máis pobres, o que á súa vez fai posible que a UE funcione como un único espazo económico (mediante a política de cohesión, por exemplo).
- Financiar intervencións destinadas a completar o mercado interior que nin sequera os Estados membros máis prósperos poderían financiar por si sos. O orzamento da UE permite unha perspectiva paneuropea e non unha visión puramente nacional (por exemplo, mediante o financiamento de investimentos paneuropeas en infraestruturas). Tamén contribúe a eliminar a custosa duplicación de iniciativas entre distintos sistemas nacionais que perseguen en parte os mesmos obxectivos.
- Lograr sinerxias e economías de escala facilitando a cooperación e a procura de solucións conxuntas a problemas que non poden ser resoltos polos Estados membros por si sos (por exemplo, o desenvolvemento de programas de investigación e innovación de vangarda a escala mundial, a cooperación en asuntos de interior, a migración e a xustiza).
- Responder a desafíos persistentes e emerxentes que requiren unha postura común, paneuropea (por exemplo, nos ámbitos do medio ambiente, o cambio climático, a axuda humanitaria, a evolución demográfica e a cultura).
Nas conclusións sobre o Marco Financeiro Plurianual 2014-2020, o Consello Europeo, na súa reunión do 7 e 8 de febreiro de 2013, chegou ao acordo político de que a cifra total máxima de gasto da UE con 28 membros, para o período 2014-2020, será de 959.988 millóns de euros en créditos de compromiso (prezos 2011). Nas observacións xerais establécese que o orzamento da Unión Europea debe ser un catalizador do crecemento e o emprego en toda Europa e en particular servir de panca aos investimentos produtivos e en capital humano. Dentro do Marco Financeiro Plurianual 2014-2020, o gasto debe mobilizarse para apoiar o crecemento, o emprego, a competitividade e a converxencia, en consonancia coa Estratexia Europa 2020.
O Marco Financeiro Plurianual correspondente ao periodo 2014-2020 presenta a estrutura seguinte:
- Rúbrica 1. Crecemento intelixente e integrador:
- Subrúbrica 1a. Competitividade para o crecemento e o emprego.
- Subrúbrica 1b. Cohesión económica, social e territorial.
- Rúbrica 2. Crecemento sostible: recursos naturais.
- Rúbrica 3. Seguridade e cidadanía.
- Rúbrica 4. Europa global.
- Rúbrica 5. Administración.
- Rúbrica 6. Indemnizacións.
►Portal web do Marco Financeiro Plurianual 2014-2020
(Comisión Europea)
Documentos asociados
- Decisión (UE, EURATOM) 2020/555 da Comisión, do 22 de abril de 2020, pola que se modifica o seu Regulamento interno (DOUE 22.04.2020 L 127I)
- Decisión (UE, EURATOM) 2020/555 da Comisión, do 22 de abril de 2020, pola que se modifica o seu Regulamento interno (DOUE 22.04.2020 L 127I)
- Regulamento (UE, Euratom) 2020/538 do Consello, do 17 de abril de 2020, que modifica o Regulamento (UE, Euratom) n. 1311/2013 polo que se establece o marco financeiro plurianual para o período 2014-2020, no relativo á marxe global para compromisos (DOUE 17.04.2020 L 119I)
- Regulamentos (UE, Euratom) 2019/2234 do Consello, do 19 de decembro de 2019, polo que se establecen medidas relativas á execución e financiamento do orzamento xeral da Unión Europea en 2020 en relación coa retirada do Reino Unido da Unión (DOUE 30.12.2019 L 336)
- Decisión (UE, Euratom) 2019/2209 do Consello, do 16 de decembro de 2019, pola que se modifica o seu Regulamento interno (DOUE 23.12.2019 L 332)
- Decisión (UE, Euratom) 2018/2076 do Consello, do 20 de decembro de 2018, pola que se modifica o seu Regulamento interno (28.12.2018 L331)
- Decisión 2009.937.UE do Consello, do 1 de decembro de 2009, pola que se aproba o seu Regulamento interno (versión consolidada 01.01.2018)
- Reglamento (UE, Euratom) 2017/1123 do Consello, de 20 de xuño de 2017, polo que se modifica o Reglamento (UE, Euratom) n. 1311/2013, polo que se establece o marco financeiro plurianual para o período 2014-2020 (DOUE 24.06.2017, L 163)
- Axuste técnico do marco financeiro para 2017 en función da evolución da renda nacional bruta e axuste das dotaciones asignadas á política de cohesión. COM(2016) 311 final, ANEXO 1 (Inglés) (30.6.2016)
- Axuste técnico do marco financeiro para 2017 en función da evolución da renda nacional bruta e axuste das dotaciones asignadas á política de cohesión. COM(2016) 311 final (30.6.2016)
- Regulamento (UE, EURATOM) N. 1311/2013 do Consello, de 2 de decembro de 2013, polo que se establece o marco financeiro plurianual para o período 2014-2020 (Texto consolidado 25.04.2015)
- Regulamento (UE, Euratom) 2015/623 do Consello, de 21 de abril de 2015, polo que se modifica o Regulamento (UE, Euratom) n. 1311/2013 polo que se establece o marco financeiro plurianual para o período 2014-2020 (DOUE 22.04.2015, L 103)
- Regulamento (UE, Euratom) Nº 608/2014 do Consello, do 26 de maio de 2014, polo que se establecen medidas de execución do sistema de recursos propios da Unión Europea (DOUE 07.06.2014, L 168)
- Decisión do Consello, do 26 de maio de 2014, sobre o sistema de recursos propios da Unión Europea (2014/335/UE, Euratom) (DOUE 07.06.2014, L 168)
- Regulamento (UE, Euratom) Nº 1311/2013 do Consello, do 2 de decembro de 2013, polo que se establece o Marco Financeiro Plurianual para o período 2014-2020 (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Acordo Interinstitucional, do 2 de decembro de 2013, entre o Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión sobre disciplina orzamentaria, cooperación en materia orzamentaria e boa xestión financeira (DOUE 20.12.2013, C 373)
- Conclusións sobre o Marco Financeiro Plurianual 2014-2020. Consello Europeo, 7 e 8 de febreiro de 2013 (EUCO 37/13)
- Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Un orzamento para Europa 2020. Parte I. COM(2011) 500 final (29.06.11)
- Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Un orzamento para Europa 2020. Parte II: Fichas sobre políticas. COM(2011) 500 final (29.06.11)