Volver ao contido

Marco Estratéxico Común 2014-2020

Co obxectivo de contribuír a establecer unha dirección estratéxica para o vindeiro período de planificación comunitaria de 2014 a 2020 nos Estados membros e nas rexións, a Comisión presentou o 14 de marzo de 2012 o "Marco Estratéxico Común" (MEC), que servirá de base para redactar os Acordos de Asociación e contribuír ao cumprimento de obxectivos europeos de crecemento e emprego para 2020.

 

O MEC, que está definido no Anexo I do Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, establece uns principios reitores estratéxicos para facilitar o proceso de programación e a coordinación sectorial e territorial da intervención da Unión con cargo aos Fondos EIE e con outros instrumentos e políticas europeos pertinentes, en consonancia coa estratexia da UE para un crecemento intelixente, sostible e integrador.

 

 

Union Europea