Período Comunitario 2014-2020
A política de cohesión reformada, que representa máis dun terzo do orzamento total comunitario e que vai dirixida a todas as rexións da UE, non só ás máis pobres, converteuse na principal ferramenta de consecución dos obxectivos da UE para 2020: o crecemento económico, a creación de emprego, a loita contra o cambio climático e a dependencia enerxética, e a redución do abandono escolar, a pobreza e a exclusión social.
Tamén ten como finalidade fortalecer a cohesión económica, social e territorial dentro da UE a través da corrección dos desequilibrios entre as diferentes rexións.
Para potenciar a política rexional cara a 2020 establecéronse disposicións comúns para os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos EIE, que comprenden o FEDER, o FSE, o Fondo de Cohesión, o FEADER e o FEMP), e tamén se introduciron principios aplicables a todos os Fondos, tales como o apoio á programación integrada, a concentración temática, a orientación a resultados, as condicionalidades, a gobernanza económica e o maior uso dos instrumentos financeiros, que deben desempeñar un papel esencial no logro dos obxectivos da Estratexia da Unión para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
- Estratexia Europa 2020
- Principio de asociación 2014-2020
- Principio de asociación REACT-UE
- Gobernanza Económica da UE
- Programación e Avaliación ex ante 2014-2020
- Programas Operativos 2014-2020
- Normativa 2014-2020
- Medidas Antifraude
- Información e comunicación 2014-2020
- Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) 2014-2020
► Período 2014-2020. Portal web da DG de Política
Rexional e Urbana da Comisión Europea