Dende este Portal terá acceso a todos os medios electrónicos, informáticos e telemáticos que a Xunta de Galicia desenvolveu en materia de contratación pública. Entre outros servizos, a través da Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, poderá acceder a unha ampla información das licitacións da administración e sector público autonómicos e das entidades locais dadas de alta no sistema. Ademais poderá acceder aos sistemas de facturación electrónica e licitación electrónica implementados para facilitar a presentación de facturas e ofertas por vía telemática.
![Sistema de facturación electrónica](/documents/10433/192123/tram_factura-gal.png/99702b36-e990-4db9-884e-86d4648df181?t=1483534453313?t=1431507031087)
Sistema Electrónico de Facturación
Sistema de entrada de facturas en Internet, a través do cal os provedores poden cursar as súas facturas á Xunta de Galicia de forma electrónica.
![Servizos telemáticos do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma](/documents/10433/192123/STC2.png/53d28840-4195-4ea2-9ba0-9003ce783655?t=1372435528783?t=1372435528783?t=1372435528783?t=1372435528927)
Servizos telemáticos do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma
- Consulta e acceso aos certificados (servizos restrinxidos aos órganos de contratación e aos apoderados das empresas inscritas)
- Envío telemático de documentación para modificar datos de empresas inscritas
- Subscrición ao sistema de envío de notificacións telemáticas
![Sistema de licitación electrónica (SILEX)](/documents/10433/192123/tram_silex.png/2c916278-8a94-46ca-986a-62647306d92e?t=1483534433777?t=1372332184427?t=1372332184427?t=1372332184427)
Sistema de Licitación Electrónica
A través deste acceso poderá presentar por vía telemática as ofertas ás licitacións da Xunta de Galicia en todos aqueles procedementos que indiquen esta forma de presentación nos pregos, nos anuncios e na Plataforma de Contratos públicos de Galicia.