Os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2016 terán como máxima prioridade trasladar a todos os fogares a recuperación que, logo de moitos esforzos por parte de todos os galegos, agora si comezamos a notar.
Son polo tanto unhas contas pensadas para as persoas, e nas que priorizamos o emprego e o investimento para afondar no crecemento. Porque temos o convencemento de que a recuperación non será completa ata que chegue ao conxunto da cidadanía, dos fogares e das empresas.
As claves destes Orzamentos resúmense en menos impostos, menos débeda, máis investimentos e máis emprego. E con dúas importantes novidades sobre este ano 2015: a maior rebaixa fiscal da historia do noso autogoberno, e un potente paquete social para axudar aos que máis o necesitas e avanzar na loita contra a desigualdade.
Estamos convencidos de que estes Orzamentos serán unha ferramenta moi útil para que Galicia siga avanzando nun crecemento san e con bases sólidas
Valeriano Martínez
Conselleiro de Facenda