Actualidade

  • Medio Ambiente aposta pola rehabilitación urbanística e a protección da biodiversidade como principais eixes dos seus orzamentos para 2019, que suman máis de 300 millóns de euros
    • Na presentación das contas do seu departamento, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliña que é un orzamento pensado para preservar a "alma de Galicia" e fomentar o urbanismo sustentable
    • No eido da protección dos recursos naturais, a consellería habilitará máis de 1,4 millóns de euros para paliar e prever os danos ocasionados pola fauna silvestre
    • Mobilizaranse preto de 36 millóns de euros para programas destinados a rehabilitar inmobles xa construídos, unha partida que nos dous últimos anos creceu un 20%
    • Vázquez Mejuto salienta o traballo realizado na última década en materia de urbanismo, polo que en 2019 darase un novo pulo coa aprobación dos primeiros Plans Básicos Municipais e da Lei de Ordenación do Territorio, coa que se porá fin a unha normativa con máis de 20 anos de vixencia
    • En materia de xestión de residuos, a conselleira avanza que Sogama reducirá o canon nun 10% aos concellos que certifiquen o seu compromiso coa minoración de residuos e o fomento da recollida selectiva
    • Co fin de protexer a riqueza natural da comunidade, anuncia importantes avances normativos como a remisión ao Parlamento da Lei de Patrimonio Natural, a redacción do Regulamento de Caza ou o impulso a unha nova Lei de Pesca Fluvial
  • A XUNTA PORÁ EN MARCHA UN PLAN ESTRATÉXICO PARA AS FILLAS E FILLOS DAS ASASINADAS POR VIOLENCIA DE XÉNERO
    • Implantarase un plan de acompañamento e asesoramento á vítima, que coordine a todos os axentes implicados
    • O vindeiro exercicio está previsto completar os edificios xudiciais de Pontevedra e Tui e notables avances na Cidade da Xustiza de Vigo
    • Os orzamentos destinados tanto en emerxencias como ás axudas aos concellos galegos increméntanse en aras de seguir prestando servizos públicos de calidade
  • A Xunta volverá reducir en 2019 o gasto en xuros da débeda, cun aforro acumulado de 576 millóns nos últimos cinco anos
    • O conselleiro de Facenda presentou no Parlamento as contas da Xunta para 2019, con máis beneficios fiscais e unha nova aposta polo reequilibrio territorial
    • Os Orzamentos para 2019 chegan aos 9.850 millóns de euros, un 3,8% máis, e volven reforzar o gasto social e os investimentos
    • As novas baixadas de impostos incrementarán a renda dispoñible dos fogares
    • O emprego, co obxectivo de crear 15.000 novos postos de traballo a tempo completo, e a innovación volverán ser as grandes prioridades do Goberno galego
  • A Xunta elevará en 2019 un 8,5% os beneficios fiscais, ata os 430 millóns, e seguirá apostando polo reequilibrio territorial en favor das provincias de Lugo e Ourense
    • O conselleiro de Facenda presentou hoxe no Parlamento as contas da Xunta para 2019, que inician así a súa tramitación na Cámara
    • O gasto per capita nas provincias de Lugo (4.022 euros) e Ourense (3.928) volverá ser superior ao de A Coruña (3.157) e Pontevedra (3.035)
    • As consellerías que máis recursos concentran son as de Sanidade (3.987 millóns) e a de Educación (2.390)
    • Os Orzamentos para 2019 chegan aos 9.850 millóns de euros, un 3,8% máis, e apostan por un reforzo do gasto social, con máis investimentos e con novas baixadas de impostos
    • O emprego, co obxectivo de crear 15.000 novos empregos a tempo completo, e a innovación volverán ser as grandes prioridades do Goberno galego
Mostrando o intervalo 9 - 12 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4