Actualidade
- EDUCACIÓN CONVOCARÁ EN 2019 UNHA NOVA OFERTA DE EMPREGO DOCENTE PARA 35 ESPECIALIDADES
- A medida enmárcase no esforzo orzamentario do departamento educativo dirixido ao profesorado, que tamén se beneficiará dun aumento no salario e nas accións de formación
- Na aposta pola excelencia do ensino, reforzarase a innovación educativa, a Formación Profesional e a investigación
- Medra o orzamento para a prevención do abandono escolar temperá, cuxo programa permitiu rexistrar neste terceiro trimestre a taxa de abandono máis baixa desde que se dispón de datos (13,5%)
- CULTURA E TURISMO DESTINARÁ CASE 30 MILLÓNS DE EUROS EN 2019 PARA COMEZAR COA POSTA EN MARCHA DO XACOBEO
- O conselleiro Román Rodríguez explica que, ademais da partida específica de 7,4 millóns, hai que engadir outros 12 para conservación, mantemento ou sinalización dos Camiños e os preto de 8,5 para a rehabilitación de bens de interese cultural
- Na súa comparecencia no Parlamento cifra en 141 millóns o orzamento da Consellería para o vindeiro ano, o que supón un crecemento do 6,2%, que a sitúa como a segunda con maior aumento
- Remarca que o obxectivo do seu departamento é reforzar as sinerxías entre o turismo e a cultura, "dous ámbitos estratéxicos para Galicia, fonte fundamental de recursos e emprego, e que, ademais, fortalecen a nosa marca como país"
- ETHEL VÁZQUEZ SALIENTA O IMPULSO EN 2019 DUNHA ÁREA ÚNICA DE TRANSPORTE PARA ESTENDER OS BENEFICIOS DO USO DAS TARXETAS DE TRANSPORTE METROPOLITANO E XENTE NOVA AO CONXUNTO DE GALICIA
- Vázquez Mourelle sinala que o Plan de transporte público de Galicia, coas novas modalidades como o transporte compartido e a demanda, chegará ao longo de 2019 a toda a comunidade para proporcionar servizos máis útiles e sostibles
- Subliña a partida de máis de 30 M€ destinados ás estacións intermodais, que xa se atopan en obras en Santiago e Ourense e comezarán en Pontevedra e Vigo, coa previsión de avanzar nas da Coruña, Lugo e Ferrol nesta lexislatura
- Indica que a Xunta continuará desenvolvendo o Plan de Sendas para reforzar a seguridade dos usuarios máis vulnerables das estradas, os peóns e os ciclistas
- Salienta a intensificación da estratexia para eliminar os treitos de concentración de accidentes mediante un investimento de 7,9 M€, un 29% máis que en 2018
- Destaca o avance en eixes de comunicación, co remate da autovía do Morrazo antes do verán ou co impulso da prolongación da autovía da Costa da Morte
- Apunta á culminación do saneamento das rías, para o que se contemplan 25 M€ dirixidos ás redes de depuración de Rianxo ou Ferrol, entre outros municipios
- Remarca a colaboración co saneamento naqueles concellos do rural con menos recursos financeiros, fin ao que se adicará un presuposto duns 6 M€
- Avanza a creación dun instrumento que garanta unha tarifa homoxénea coa que todos os concellos paguen o mesmo polos servizos do ciclo integral da auga
- Para garantir a conservación das estradas, proseguirá o Plan de reforzos de firme ou o programa de inspección en pontes e obras de paso, ampliado aos noiros
- A CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA INCREMENTA O SEU ORZAMENTO NUN 9,2% PARA AVANZAR NA DIXITALIZACIÓN DA INDUSTRIA GALEGA E NO EMPREGO DE CALIDADE
- O conselleiro Francisco Conde presentou hoxe no Parlamento as contas para o vindeiro ano, que suman un total de 570 millóns de euros e que responden aos retos da Comunidade en canto a crecemento e creación de emprego
- A Axencia Galega de Innovación (Gain), un dos departamentos que medra con máis forza, destinará 6 millóns de euros ao novo programa Talento 2021, que permitirá captar 1.500 profesionais para actividades de I+D+i
- Dedicaranse ao financiamento empresarial un 17% máis de fondos, ata os 50 millóns, e as Iniciativas Empresariais Prioritarias tramitaranse na metade de tempo
- No marco do Polo Aeroespacial de Galicia, que conta con 18 millóns de euros, poñerase en marcha a primeira aceleradora aeronáutica na cidade de Lugo e comezarán as obras de urbanización do novo parque industrial de Rozas
- No ámbito do emprendemento innovador, crearase a plataforma StartIN Galicia, para ofrecer un apoio integral a todos os proxectos incubados na rede galega de aceleradoras
- Destinaranse 40 millóns de euros a seguir avanzando na dixitalización e na implantación da fábrica intelixente
- Neste novo contexto, dedicanse 145 millóns de euros á formación, priorizando os programas que se adapten aos novos perfís profesionais
- No ámbito do emprego tamén se prestará maior atención aos colectivos que máis o precisan, con 40 millóns para os programas centrados en promover a contratación de mulleres, mozos, parados de longa duración e persoas en risco de exclusión
- A través do diálogo cos diferentes axentes, espérase ampliar os obxectivos da Axenda 20 e avanzar en novas iniciativas nas políticas activas de emprego