Actualidade
- A XUNTA APROBA UN ORZAMENTO PARA 2018 DE 9.487 MILLÓNS, O MÁIS ALTO DESDE 2010, QUE PERMITIRÁ REFORZAR A CREACIÓN DE EMPREGO, O GASTO SOCIAL, A INNOVACIÓN E O CRECEMENTO EN ESTABILIDADE
- As contas para o vindeiro ano medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto
- O Goberno galego contará con 331 millóns máis respecto ao Orzamento vixente
- Os investimentos aumentan un 6,6%, o maior esforzo investidor desde a crise
- O gasto social increméntase en 202 millóns e redóbrase a aposta pola innovación
- Engádense novas rebaixas de impostos con incentivos para aqueles que xeren actividade económica e contribúan a dinamizar o medio rural e os cascos históricos
- As contas inclúen unha reserva de crédito de ata o 2% para asumir o incremento retributivo que poida fixar o Estado para os empregados públicos
- O Goberno galego prevé que a economía galega medre un 2,5% no 2018, e que a taxa de paro siga baixando ata o 14,2% coa creación de 17.500 novos empregos