Actualidade
  • A XUNTA APLICARÁ EN 2015 BENEFICIOS FISCAIS A FAMILIAS E EMPRESAS POR 321 MILLÓNS DE EUROS, UN 4,8% MÁIS, E AFONDARÁ NO REEQUILIBRIO TERRITORIAL
    • A Administración galega investirá 732 por habitante en Lugo e 673 euros en Ourense, fronte aos 401 de A Coruña e 396 de Pontevedra
    • A conselleira de Facenda entregou hoxe no Parlamento os proxectos de Lei de Orzamentos para 2015 e de Medidas Fiscais e Administrativas
    • Elena Muñoz Fonteriz lembra que as contas de 2015 son as primeiras que medran dende 2009, e que elevan os investimentos sen deixar de reforzar o gasto social
    • Uns 280 millóns de euros de beneficios fiscais terán carácter social, para favorecer ás familias e empresas galegas
    • O aforro corrente positivo acadará os 415 millóns de euros, cun incremento de 225 millóns respecto ao actual exercicio
    • En 2015, Galicia recuperará a creación de emprego neto e rexistrará un crecemento da economía do 2%, o maior incremento do PIB dende 2007
    • As prioridades e áreas clave ata 2020 serán a mellora da empregabilidade, a competitividade das pemes, a economía do coñecemento, o benestar social, as infraestruturas de rede e a sostenibilidade ambiental 
  • OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2015 AFONDAN NA RECUPERACIÓN ECONÓMICA E MEDRAN POR PRIMEIRA VEZ DENDE ANTES DA CRISE
    • As contas para o vindeiro exercicio sitúanse en 8.436 millóns de euros, cun incremento do 0,5% respecto a 2014
    • O Goberno galego prevé en 2015 un crecemento da economía galega do 2% e a taxa de paro reducirase en 1,6 puntos
    • A Xunta terá máis capacidade de gasto e destinará máis a investimento e menos a débeda, un capítulo que diminúe por vez primeira en dez anos
    • Tamén aumentan a partida destinada á dependencia, a Risga e os fondos destinados ao emprego xuvenil para combater o paro
    • Increméntanse os fondos para fomentar a internacionalización e a I+D+i
    • Mantense o esforzo de financiamento da Administración local e das universidades
    • En materia fiscal, Galicia será en 2015 a comunidade autónoma coas maiores deducións por natalidade, e os transportistas terán unha exención do 100% do tramo autonómico do Imposto sobre Hidrocarburos
    • A Comunidade galega impulsará un novo canon mineiro, axilizará a tramitación dos plans urbanísticos e eximirá do canon da auga os consumos causados por fugas
    • As contas aprobadas hoxe polo Executivo galego garanten de novo a redución do déficit e o cumprimento do obxectivo de estabilidade para 2015, fixado no 0,7%
  • A CONSELLEIRA DE FACENDA TRASLADA A SINDICATOS E CEG QUE O PIB GALEGO MEDRARÁ EN 2015 UN 2% E A TAXA DE PARO BAIXARÁ 1,6 PUNTOS
    • Elena Muñoz Fonteriz trasladoulles as liñas básicas dos Orzamentos para 2015
    • As contas volverán reforzar o gasto social e incluirán deducións fiscais para fomentar a natalidade, o investimento en I+D+i e a utilización de enerxías limpas
  • A XUNTA DESTINARÁ 113 MILLÓNS DE EUROS AO FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL NOS ORZAMENTOS DE 2015
    •  O Goberno galego trasladoulle hoxe á Fegamp que manterá estable este importe, ao igual que o Fondo de Compensación Ambiental
    • As entidades locais de Galicia terán recibido un financiamento adicional de 21 millóns de euros dende o inicio da actual lexislatura
    • A Xunta condonará o 50% da débeda pendente co Consorcio do Benestar a aqueles concellos que asinen novos convenios coa Axencia de Servizos Sociais
Mostrando o intervalo 9 - 12 de 13 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados