Actualidade
- A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE INVESTIRÁ O VINDEIRO ANO 8 DE CADA 10 EUROS DO SEU ORZAMENTO EN MELLORAR O TERRITORIO, PARA AUMENTAR A VERTEBRACIÓN DE GALICIA E CONTRIBUÍR Á RECUPERACIÓN ECONÓMICA
- O presuposto da Consellería medra por primeira vez desde 2009 e acada os 734 millóns de euros
- A titular do departamento destaca catro eixes de traballo para 2015: a ordenación territorial, a mellora ambiental, o acceso á vivenda e o solo industrial e a aposta pola mobilidade e a conectividade das persoas
- Vázquez define a Lei do solo como "o fito máis importante de 2015", porque supón preservar o maior tesouro de Galicia, a paisaxe, e fai un chamamento ao consenso dos grupos parlamentarios
- Subliña que "se continuarán obras en marcha como a VAP Celeiro-San Cibrao, o Corredor Sarria-Monforte ou o treito I da Autovía da Costa da Morte" cuxas obras comezarán no vindeiro mes
- Anuncia que o vindeiro ano remitirase ao Parlamento a Lei de Mobilidade e Transportes de Galicia para acadar unha planificación integrada desta materia na Comunidade
- Remarca o incremento de máis do 42% da partida para Transporte Metropolitano, co obxectivo de implantalo en Vigo, Pontevedra e Ourense e de incorporar novos concellos ás áreas existentes
- Sinala que "a solvencia da Comunidade autónoma permitirá destinar preto de 50 millóns de euros a infraestruturas hidráulicas, dedicando 7 millóns para cofinanciar a EDAR de Vigo; 4 millóns para a EDAR de Ribeira; ou achegas para os saneamentos en Gandarío, Boiro ou Cambados, entre outros"
- Pon en valor a partida dedicada a Conservación da Natureza, que "contará con 21 millóns de euros, o que supón un 28 % máis de investimentos reais que no presente ano"
- O presuposto da Consellería medra por primeira vez desde 2009 e acada os 734 millóns de euros
- PRODUCIÓN, COMERCIALIZACIÓN E INTERNACIONALIZACIÓN, GRANDES LIÑAS DE APOIO DOS ORZAMENTOS DE MEDIO RURAL E MAR PARA O 2015
- Rosa Quintana destacou a blindaxe do gasto que se pode denominar "social", na medida en que refire a cuestións como a seguridade alimentaria, a loita contra os incendios forestais e o salvamento e a loita contra a contaminación mariña
- A Consellería do Medio Rural e do Mar presenta un orzamento previsto para 2015 que acada os 569,7 millóns de euros
- A conselleira explicou que a esta cifra cómpre engadir os 61,8 millóns procedentes do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) atribuído a Galicia, que aínda están sen contabilizar e que se incorporarán aos orzamentos
- Rosa Quintana dixo que malia as dificultades económicas mantense o elevado nivel orzamentario para accións vinculadas coa industrialización e a comercialización dos produtos agroalimentarios, case 30 millóns de euros, co que isto significa para a xeración de riqueza e emprego
- En canto á valorización comercial dos produtos, a conselleira sinalou que "dispuxemos a mantenza das axudas ligadas aos produtos de calidade, ben sexa para a súa promoción (2,4 millóns de euros), ben para apoiar aos produtores que participan neles (900.000 euros)"
- No eido da internacionalización, a conselleira salientou o orzamento previsto para investimentos en adegas e para promoción do viño en terceiros países, con partidas que se manteñen en conxunto no mesmo nivel que en 2014 (5,5 millóns de euros)
- Rosa Quintana destacou a blindaxe do gasto que se pode denominar "social", na medida en que refire a cuestións como a seguridade alimentaria, a loita contra os incendios forestais e o salvamento e a loita contra a contaminación mariña
- O ORZAMENTO DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ASCENDERÁ EN 2015 A 742 MILLÓNS DE EUROS, UN 2 POR CENTO MÁIS QUE ESTE ANO
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, compareceu hoxe en comisión parlamentaria para explicar as contas do seu departamento de cara o próximo ano
- No marco do Plan de dinamización demográfica, está prevista a creación de 2.000 novas prazas en escolas infantís en dous anos, a posta en marcha en 2015 das primeiras casas niño, e o incremento da prestación por fillo a cargo
- A inclusión segue sendo unha das principais prioridades, cun orzamento global de 70 millóns de euros, un 17,7 por cento máis que neste exercicio
- Aumenta nun 20% o orzamento da RISGA e un 10 por cento o da orde destinada aos concellos en materia de inclusión
- A dependencia contará cunha partida de 298,4 millóns de euros, polo que volve ser a área cun maior esforzo orzamentario da Consellería
- Na área laboral, porase en marcha como novidade a Iniciativa de emprego Xuvenil (YEI) que, con 19'5 millóns de euros en 2015, complementará o Plan de emprego para este colectivo iniciado este ano
- Blíndanse as partidas dirixidas a autónomos, emprendedores e cooperativas, que disporán de novo de27 millóns de euros
- A orde para a contratación de perceptores da RISGA dobre o seu investimento ata os 10 millóns de euros
- VÁZQUEZ ABAD DESGRANA EN EL PARLAMENTO UNOS PRESUPUESTOS CON LOS QUE SE CREARÁ UNA TARJETA-BONO PARA FOMENTAR EL CONSUMO CULTURAL ENTRE UNOS 6.000 JÓVENES
- O conselleiro salientou o incremento do peso porcentual de Cultura e Educación nas contas anuais da Xunta, así como o incremento do presuposto do seu departamento, centrado especialmente no persoal necesario para a implantación da LOMCE
- O departamento de Cultura incrementa nun 3% o seu orzamento, grazas ao que a Agadic poderá ampliar o alcance das súas convocatorias de axudas e manterá as liñas xa existentes
- Os orzamentos blindan as bolsas ao alumnado e o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia, e apostan pola investigación cun incremento dun 2,5%
- A promoción e conservación do patrimonio cultural superará os 18 millóns de euros grazas á inxección de fondos FEDER
- O conselleiro salientou o incremento do peso porcentual de Cultura e Educación nas contas anuais da Xunta, así como o incremento do presuposto do seu departamento, centrado especialmente no persoal necesario para a implantación da LOMCE