Actualidade
  • MUÑOZ FONTERIZ SALIENTA QUE OS ORZAMENTOS ESTÁN ADAPTADOS Á REALIDADE, SON EXECUTABLES E ATENDEN AS NECESIDADES DOS CIDADÁNS GALEGOS

    A Consellería de Facenda reducirá outro 10% o gasto en alugueiros en 2013 pese a ter que pagar un 3% máis de IVE

    • A titular de Facenda afirma que a redución do déficit e do endebedamento á metade senta as bases para a recuperación económica de Galicia
    • Asegura que as prioridades son o gasto social, o mantemento do esforzo investidor e a execución do Fondo de Crecemento
    • Elena Muñoz Fonteriz subliña que o control dos gastos financeiros permite garantir a sostenibilidade social e mellorar partidas prioritarias neste momento
    • Resalta o novo esforzo en reducir o gasto corrente en 160 millóns para dedicar máis recursos a mellorar actuacións para os máis necesitados
    • A conselleira resalta a solvencia e fiabilidade de Galicia, que non necesita a axuda do Estado para atender as súas obrigas
  • O GASTO DE PERSOAL DA PRESIDENCIA DA XUNTA REDÚCESE NUN 6,5% CON RESPECTO AOS ORZAMENTOS DO ANO PASADO

    O secretario xeral da Presidencia, Valeriano Martínez, asegurou que no que respecta aos gastos de funcionamento, o presidente Feijóo é "un 70% máis barato" que o seu antecesor Emilio Pérez Touriño

    • A Presidencia da Xunta disporá dun orzamento total de 265,4 millóns de euros para este ano, un 7,6% menos que en 2012, e enmárcanse nun contexto de austeridade e de cumprimento co obxectivo de estabilidade presupostaria
    • A creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Axencia de Turismo de Galicia leva aparellado unha importante recomposición do gasto por capítulos
    • A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia destinara 75 millóns de euros (o 79% do seu orzamento) a investimentos en innovación tecnolóxico e inclusión dixital da sociedade. Incrementa nun 59% a partida para a modernización da administración de xustiza e nun 21% a contía a a culminación do Plan de Banda Larga
    • A Axencia de Turismo de Galicia xestionará 35,8 millóns de euros
    • A Secretaría Xeral para o Deporte incrementa as partidas para financiar os seguros deportivos para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos
Mostrando o intervalo 5 - 6 de 15 resultados.
Resultados por páxina 2
de 8
Temas relacionados