Actualidade
- XUNTA INCLÚE NOS ORZAMENTOS DE 2013 UN FONDO DE CRECEMENTO DOTADO CON 386 MILLÓNS DE EUROS
- O Goberno galego anticipará a metade de paga extra de xuño á nómina de xaneiro aos empregados públicos que o soliciten
- O gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais subirá ata o 77%, case 9 puntos máis que en 2009
- As contas aprobadas polo Consello garanten a redución do déficit e manteñen a solvencia da Facenda autonómica e o Estado do Benestar
- A Xunta ten que prestar os servizos públicos que os galegos necesitan cun nivel de recursos equivalentes aos do ano 2006
- Galicia continuará liderando o vindeiro ano o esforzo investidor das CC.AA.
- A caída do 2,5% do gasto non financeiro débese fundamentalmente a que Galicia seguirá diminuíndo o seu déficit e se endebedará en 464 millóns de euros menos
- A Comunidade galega foi a terceira autonomía que menos se endebedou durante a época de crise
- A economía galega pechará este ano mellor do esperado e tamén se comportará mellor que a española en 2013
- Seguirá facendo rebaixas selectivas nos impostos sobre a vivenda entre o 20 e o 66% para os colectivos máis necesitados
- Fixará novas deducións para favorecer os negocios dos emprendedores
- A XUNTA REFORZA EN 2013 O GASTO NAS PROVINCIAS DE LUGO E OURENSE PARA SEGUIR IMPULSANDO O REEQUILIBRIO TERRITORIAL
Os orzamentos galegos diminuirán tres veces menos que a media de CC.AA.
- O investimento por habitante na provincia de Ourense será de 778 euros e na de Lugo de 767, un 50% máis que nas de A Coruña e Pontevedra
- Os vindeiros orzamentos autonómicos serán os máis sociais da historia da autonomía, cun 77% do gasto en sanidade, educación e servizos sociais
- A conselleira de Facenda subliña que con estas contas a Xunta pensa no presente e no futuro para que Galicia sexa das primeiras autonomías en saír da crise
- Galicia manterá un esforzo investidor catro veces superior ao conxunto de autonomías
- A Xunta mantén o seu compromiso cos concellos, que acumulan un financiamento adicional de 78 millóns de euros desde 2010
- A pesar das restricións financeiras tamén garante o cumprimento do sistema de financiamento das universidades
- O control do endebedamento permite que Galicia sexa a comunidade que menos aumenta os seus gastos financeiros
- Un fondo específico permitirá priorizar o Plan Estratéxico para sentar as bases para que Galicia recupere esta lexislatura a senda do crecemento