Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

CONSULTA V0005-19: Artigo 14. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas na compra dunha finca na que se pretende construír dita vivenda, e prazo para vender a vivenda actual a efectos de non computar no límite de patrimonio.

A consultante quere saber o tipo de gravame a aplicar na liquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais pola compra dunha finca, na cal pretende construír a que será a súa futura vivenda habitual. Segundo manifesta, cumpre o requisito de ser membro de familia numerosa pero con respecto ó límite do patrimonio, desexa aclaración respecto ó prazo dos dous anos para vender a súa vivenda actual e que o valor desta non compute como patrimonio da unidade familiar.

  1.  Se o prazo é de dous anos dende a escritura de compra da parcela, ou
  2.  Se o prazo de dous anos é dende que se asina a escritura de obra nova, isto é, 6 anos dende a escritura de compra da finca (4 para construír a vivenda + 2 para vender a vivenda anterior).

Documentos asociados