Transmisión Patrimoniais e AXD
- V0001-23: Artigo 14. Sete do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar ao feito impoñible derivado da acta de notoriedade, o tipo de gravame aplicable na adquisición de vivencias nas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais
- V0003-22: Artigo 14. Sete e 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame para a adquisición de vivendas en parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais, e a dedución regulada para as transmisións de solo rústico, en caso de transmisión dunha vivenda sita nunha finca con dúas referencias catastrais.
- V0002-22: Artigo 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar a dedución regulada para as transmisións de solo rústico en caso de expediente de dominio para a inmatriculación dun predio rústico.
- V0001-22: Artigo 14. Oito do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame reducido na adquisición dunha vivenda habitual por vítimas de violencia de xénero, por parte dunha persoa beneficiaria dunha orde de protección no ámbito de violencia de xénero vixente ata setembro de 2010.
- CONSULTA V0002-20: Artigo 14. Sete do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame reducido na adquisición de vivendas nas parroquias que teñan a consideración de zonas pouco poboadas ou áreas rurais no caso de que a adquirente sexa unha empresa dedicada á xestión e explotación de aloxamentos.
- CONSULTA V0006-19: Artigos 16. Cinco e 17. Sete do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación das deducións por transmisións de solo rústico e por agrupacións de predios que conteñan solo rústico se os predios a efectos do Catastro son definidos como rústicos.
- CONSULTA V0005-19: Artigo 14. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual por familias numerosas na compra dunha finca na que se pretende construír dita vivenda, e prazo para vender a vivenda actual a efectos de non computar no límite de patrimonio.
- CONSULTA V0004-19: Artigos 14. Cinco, 15. Cinco, 16. Sete e 17. Oito do Decreto lexislativo 1/2011. Posibilidade de aplicar os beneficios fiscais regulados para a adquisición de vivenda habitual por menores de 36 anos na compra dunha finca na que se pretende construír dita vivenda.
- CONSULTA V0004-18: Artigo 16. Cinco do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da dedución por transmisións de solo rústico no caso de existir edificacións sobre dito solo.
- CONSULTA V0005-17: Artigo 14. Dous do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación do tipo de gravame reducido para a adquisición de vivenda habitual e cumprimento do requisito do límite de patrimonio no caso de tratarse de máis dun adquirente.