Volver ao contido

Transmisión Patrimoniais e AXD

CONSULTA V0002-11: Artigo 3 da Lei 3/2002. Posibilidade de aplicar o tipo de gravame reducido a unha escritura formalizada no 2008 de constitución de préstamo con garantía hipotecaria que financie a primeira adquisición de vivenda habitual adquirida no 2005.

Se é posible aplicar o tipo reducido do 0,75% do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados a unha escritura de préstamo con garantía hipotecaria asinada o 31 de decembro de 2008 coas seguintes características:

  • O destino do préstamo é financiar a primeira adquisición dunha vivenda habitual que tivo lugar o 11 de novembro de 2005.
  • Previa á firma desta escritura de préstamo, e en protocolo anterior, outorgouse escritura de carta de pagamento e cancelación de préstamo solicitado o 11 de novembro de 2005 para a súa adquisición.