Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0009-16: Artigo 7. Catro do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e participacións en entidades no caso de transmisión posterior de parte do activo afecto e de constitución posterior dunha sociedade mercantil.

Os consultantes presentaron liquidación polo imposto de sucesións aplicando a redución prevista no artigo 7.Catro do Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, de 28 de xullo, para unha actividade económica, co compromiso de manter o adquirido e cumprir os requisitos da exención do imposto sobre o patrimonio durante os 5 anos seguintes á devindiación do imposto.
Desexan saber:

  1. Se no caso de vender dúas parcelas afectadas á actividade sería necesario desafectalas e xerar unha declaración complementaria do imposto autoliquidado incluíndo a parte correspondente ao valor actual destas parcelas.
    No caso afirmativo, se o valor dado a ditas parcelas na declaración inicial do imposto podería ser variado na declaración adicional, co obxecto de achegar o dito valor á realidade actual.
  2. Se sería posible constituír unha sociedade mercantil que continuara co desenvolvemento da actividade económica actual, formada única e exclusivamente polos tres herdeiros lexítimos, sen entrar no incumprimento do requisito de mantemento do adquirido, e se sería necesario que os bens afectados á actividade económica se incluíran no capital da citada sociedade mercantil.

Documentos asociados