Volver ao contido

Sucesións

CONSULTA V0001-19: Artigos 8. Catro e 8. Seis do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e participacións en entidades no caso de ampliación do obxecto social.

CONSULTA V0001-19: Artigos 8. Catro e 8. Seis do Decreto lexislativo 1/2011. Aplicación da redución pola adquisición de bens e dereitos afectos a unha actividade económica e participacións en entidades no caso de ampliación do obxecto social.

Os pais do consultante, que son titulares dunha sociedade dedicada á industria alimentaria desde o ano 1970 e cuxos activos se haxan afectos á actividade, teñen previsto proceder no curto prazo á transmisión da empresa familiar aos seus fillos con aplicación dos beneficios fiscais consistentes na redución por adquisición de participacións en entidades prevista no artigo 7.Catro do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

Nos últimos meses xurdiulles a oportunidade de iniciar unha nova rama de actividade, para cuxa posta en marcha sería necesario investir recursos de tesourería e ampliar o obxecto social actual.

CONSULTA:
En que forma podería afectar a ampliación do obxecto social á aplicación dos beneficios fiscais do artigo 7.Catro do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, en especial, ao cumprimento do requisito previsto no apartado e).

 

Documentos asociados