Volver ao contido

Actualidade Orzamentaria

A Xunta concederá un préstamo de 500.000 euros á Estación de Inverno Manzaneda para garantir a súa viabilidade

A Xunta concederá un préstamo de 500.000 euros á Estación de Inverno Manzaneda para garantir a súa viabilidade

Meisa é unha sociedade mercantil participada pola Xunta de Galicia, Novagalicia Banco, e os Concellos de Trives e Manzaneda

O Consello da Xunta autorizou hoxe, a través da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, a concesión dun préstamo por importe de 500.000 euros á sociedade Estación de Inverno Manzaneda, S.A. (MEISA) co obxectivo de garantir a viabilidade da sociedade.

Meisa é unha sociedade mercantil participada pola Xunta de Galicia, Novagalicia Banco e os Concellos de Trives e Manzaneda que ten como finalidade o establecemento e explotación da estación invernal, incluíndo instalacións hoteleiras, deportivas e urbanización de terreos para venda ou arrendamento.

Esta estación de esquí e montaña situada na comarca de Terra de Trives non está reservada exclusivamente á época de neve, senón que serve de polo de atracción turística e elemento dinamizador da zona polas actividades deportivas e de lecer que alí se desenvolven e os programas sociais e culturais para nenos e adultos.

Pola súa banda, MEISA comprométese a participar de maneira activa para o desenvolvemento da Comarca de Terra de Trives que o Goberno galego está a levar a cabo para o seu reequilibrio territorial, baseado nos principios de solidariedade e cohesión, aproveitando as súas condicións naturais e as súa potencialidades deportivas.

Igualmente, terá que relanzar a actividade da sociedade, no marco do seu plan de negocio, para desestacionalizar a demanda; conseguir unha mellor calidade dos servizos e da información aos usuarios; así como dirixir, xestionar e manter actuacións que melloren a calidade e información da estación de montaña de Manzaneda.

Nos últimos dous anos a Xunta de Galicia apoiou con outras fórmulas a estación con iniciativas promovidas dende a Secretaría Xeral para o Turismo, a Consellería de Traballo e Benestar e máis a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.