Control financeiro de sociedades públicas autonómicas e fundacións
Neste apartado as entidades suxeitas ao SISTEMA INTEGRADO DE INFORMACIÓN E CONTROL PERMANENTE DA XESTIÓN ECONÓMICA DE SOCIEDADES E FUNDACIÓNS PÚBLICAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA (Acordo do Consello de 18 de marzo de 1999), poderán descargar o programa de captura de datos contables, de cara a dar cumprimento ao seu punto nº 3.
Instrucións para a instalación:
- Descargue o ficheiro "install_intervencion.zip" premendo no botón descargar e gárdeo no disco duro.
- Descomprima o ficheiro gardado.
- Execute o ficheiro descomprimido (install_intervencion.exe) e siga as instruccións da pantalla.
- As entidades non autorizadas deberán solicitar un usuario e contrasinal ao mail cfs@xuntaeco.org.
Normativa Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas Autonómicas e Fundacións:
- Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.
- Resolución do 31 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta da Galicia do 18 de marzo de 1999, no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 103 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, respecto do control financeiro.
- Corrección de erros.-Resolución do 31 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de marzo de 1999, no que se lle dá aplicación á previsión do artigo 103 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, respecto do control financeiro.
- Resolución do 24 de maio de 1999 pola que se aproban os modelos de información trimestral e comunicación previa do gasto previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de marzo de 1999 polo que se implanta o sistema integrado de información e control permanente de sociedades e fundacións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Informes adicionais ao de Auditoría de Contas emitido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma: