Guía da tributación sobre o Xogo
Os tributos sobre o xogo son os seguintes:
-
Tributos cedidos: Son tributos estatais dos que o seu rendemento está cedido á Comunidade Autónoma de Galicia e dos que a súa xestión, liquidación, inspección, recadación e revisión dos actos en vía de xestión exerce a Comunidade Autónoma de Galicia por delegación do Estado. Son os dous seguintes:Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
- Taxa sobre rifas, tómbolas, apostas e combinacións aleatorias.
- Taxa sobre os xogos de sorte, envite ou azar.
-
Tributos propios: Son tributos creados polo Parlamento de Galicia. Actualmente está establecido na Comunidade Autónoma de Galicia o seguinte:
- Imposto sobre o bingo.