Esta declaración de accesibilidade está referida a todos os contidos amosados na web informativa dos Orzamentos 2014 da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este sitio web deseñouse coa intención de que puidesen acceder ao mesmo o meirande número posible de persoas. Con este fin seguíronse as directivas de accesibilidade para o contido web da WAI (Iniciativa de accesibilidade na Web) do W3C.
Estas directivas organízanse en niveis, do xeito seguinte:
[Prioridade 1]
Unha persoa que desenvolva contido Web debe satisfacer este punto de verificación. Doutro modo, será imposible que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto é un requirimento básico para que algúns grupos podan usa-los documentos Web.
[Prioridade 2]
Unha persoa que desenvolva contido Web debería satisfacer este punto. Doutro modo, será difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto eliminará barreiras significativas para acceder aos documentos Web.
[Prioridade 3]
Unha persoa que desenvolva contido Web pode cumprir este punto. Doutro modo, será en maior ou menor grao difícil que un ou varios grupos accedan á información do documento. Satisfacer este punto mellorará o acceso aos documentos Web.
De acordo con isto, defínense 3 niveis de cumprimento do documento:
Nivel de cumprimento "A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1.
Nivel de cumprimento "Dobre A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1 e 2.
Nivel de cumprimento "Triple A": Satisfácense tódolos puntos de comprobación de Prioridade 1, 2 e 3.
O sitio web cumpre as "Directrices de accesibilidade ao Contido Web 1.0" da W3C, dispoñibles en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505, nivel Dobre A.
Conformidade co Nivel 'Dobre A' das Directrices de accesibilidade ao Contido Web 1.0
Así mesmo, cúmprense gran parte dos puntos de comprobación do nivel Triple A.
Estas son algunhas das características do sitio web que axudan a mellorar a accesibilidade:
Aspecto visual
- Neste sitio web faise un uso intensivo das follas de estilo (css), coa fin de separar o contido da presentación. Púxose coidado en que as páxinas sexan lexibles en navegadores que non comprenden as devanditas follas de estilo.
- Os tamaños de letra son sempre relativos. Isto permite que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño de letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador. Así, en Internet Explorer isto se acada con "Ver - Tamaño de texto", en Opera, con "Ver - Escala", en Netscape 7 con "Ver - Zoom del texto".
- As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas.
- No deseño das páxinas non se empregan táboas. Estas só se usan para amosar datos que así o requiren.
- Non se emprega a cor coma único criterio para distingui-la información. Así facilítase a accesibilidade para as persoas con dificultades para distingui-las cores e para as que empregan dispositivos non visuais.
Varios
- O código da páxina indica o idioma do documento, así coma os cambios de idioma que no texto. Isto mellorará a accesibilidade nos navegadores non visuais.
- Indícanse no posible as abreviaturas e acrónimos. Algúns navegadores - Internet Explorer 6, Opera 7, Netscape Navigator 7 -, amosarán unha descrición da abreviatura cando se pasa o rato por riba desta. Nos lectores de pantalla, isto facilitará a comprensión do texto.
- Algunhas páxinas empregan javascript para facilitar a navegación ou o acceso á información. Esta información está dispoñible igualmente se o navegador non pode traballar con javascript ou o ten deshabilitado.
Ligazóns
- As ligazóns, por norma xeral, non abren novas xanelas do navegador.
- Cando o texto da ligazón non é explicativo, engadiuse unha descrición da mesma, visible en moitos navegadores cando se pasa o rato por riba da ligazón.
- O texto das ligazóns non está duplicado: dous enlaces co mesmo texto apuntan ao mesmo enderezo. Isto axuda a que o texto das ligazóns teña sentido cando se le fora de contexto.
Teclas de acceso
A meirande parte dos navegadores permiten o uso das teclas de acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou a certas ligazóns. En windows, deberase premer ALT + tecla de acceso, en Macintosh, Control + tecla de acceso. Neste sitio web están definidas as seguintes teclas de acceso:
- Tecla de acceso 0: Páxina de inicio
Data da última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal realizouse con data do26/11/2012.
Funcionamento do sitio web
Empréganse os mesmos mecanismos de navegación en todo o sitio web:
- Na parte superior dereita inclúese unha barra de operacións para facilitar as seguintes tarefas:
- cambiar de idioma na páxina visitada,
- acceder ao formulario de contacto
- acceder ao mapa web da páxina
- acceder a esta declaración de accesibilidade
- Na parte central atópase o corpo da páxina.
- Por último, e na parte inferior, disponse dun pe de páxina onde se da acceso a o aviso legal da páxina e formulario de contacto.