Actualidade
  • O CONSELLEIRO DE FACENDA AVANZA NO PARLAMENTO QUE A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA XUNTA PARA 2018 CHEGARÁ ÁS 3.400 PRAZAS
    • Valeriano Martínez confirmou que a Xunta aprobará este mes a oferta de 2017, que disporá tamén dunhas 3.400 prazas, fronte ás 3.000 previstas inicialmente
    • O titular de Facenda participou hoxe no debate de totalidade dos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, que medran un 2,9% e esgotan o teito de gasto
    • O Orzamento para 2018 será o máis alto da década e ascende a 9.487 millóns
    • As contas autonómicas apostan por elevar o gasto social, os investimentos e emprego, e por baixar os impostos e o gasto en débeda
    • O conselleiro destacou que Galicia dispón dunha estabilidade institucional "que xera confianza, e a confianza xera crecemento"
    • O obxectivo da Xunta para o vindeiro ano será reforzar a recuperación económica para que os seus efectos cheguen a todos os fogares galegos
  • O ORZAMENTO DE MAR PARA O 2018 SUBE EN MÁIS DUN 9% CON MÁIS DE 155 MILLÓNS DE EUROS E CÉNTRASE NA MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS SECTORES MARÍTIMO-PESQUEIROS
    • Suben nun 55% as partidas destinadas á mellora da transformación e comercialización ata acadar case os 23 millóns de euros
    • Medra nun 50% o montante global para o impulso da incorporación de xente nova ao sector
    • No eido do marisqueo increméntanse un 18% os fondos para conservación, avaliación e xestión das zonas de produción, superando os 6 millóns de euros
    • Destínanse máis de 14 millóns de euros á diversificación e ao desenvolvemento das zonas de pesca, un 7,7% máis que este ano
    • Os fondos destinados a infraestruturas portuarias medran nun 46%, unha suba que ten especial efecto no orzamento global de Portos de Galicia
    • O orzamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño sube arredor dun 20% e ascende aos 3,3 millóns de euros centrándose na mellora dos equipos para realizar analíticas en materia de seguridade alimentaria
Temas relacionados