Actualidade
  • MEDIO AMBIENTE SITÚA COMO 'RETOS INELUDIBLES' PARA 2017 O SANEAMENTO INTEGRAL DAS RÍAS, A LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO E A IMPLANTACIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR
    • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, compareceu hoxe en Parlamento para explicar as contas do departamento de cara o próximo ano
    • O orzamento total do departamento autonómico ascende a 265 millóns de euros, 6 millóns máis que en 2016
    • O próximo ano tamén están marcados como obxectivos prioritarios a ordenación do territorio, a posta en valor da paisaxe, e o desenvolvemento sustentable do patrimonio natural
    • Investiranse 46,7 millóns de euros en novas infraestruturas hidráulicas, dos que 33,8 se dedicarán á depuración das rías
    • No próximo exercicio incrementaranse nun 14% as partidas destinadas a loitar contra o cambio climático
    • Este mesmo mes aprobarase o novo Plan de xestión de residuos industriais 2016-2022, que contará con 3,6 millóns de euros
    • Comezará a ampliación de Sogama, na que se investirán en total 31,5 millóns de euros, e o canon da empresa pública volverá conxelarse por terceiro ano consecutivo
    • En canto ao patrimonio natural, ampliarase a Rede Natura e proporase a creación da sétima Reserva da biosfera na Ribeira Sacra
    • Seguirase desenvolvendo o marco normativo con tres novas leis: a de Patrimonio natural, a de Protección e benestar de animais de compañía, e a de Ordenación do territorio
  • O conselleiro de Facenda destaca que os Orzamentos para 2017 permitirán reforzar 'unha recuperación económica completa'
    • Valeriano Martínez sinala que a capacidade de gasto da Xunta medrará en preto de 300 millóns de euros grazas ao aumento dos ingresos e ao aforro dos xuros da débeda
    • As prioridades o vindeiro ano seguirán sendo crear máis emprego, fortalecer os servizos públicos e afondar no reequilibrio territorial de Galicia
    • O titular de Facenda subliñou que 2017 será o ano no que a Comunidade Autónoma recuperará os niveis de PIB previos á crise
    • Incidiu en que "a folla de ruta da Xunta está trazada no Plan Estratéxico", que prevé medrar no entorno do 2,5% anual e crear 100.000 empregos ata 2020
    • No eido de Facenda resaltou a posta en marcha do Tribunal Administrativo de Contratación Pública, o reforzo da Axencia Tributaria de Galicia e a unificación dos servizos informáticos da Xunta de Galicia
    • O conselleiro compareceu esta mañá na comisión 3ª do Parlamento
  • A Xunta elevará en 2017 o orzamento de todas as consellerías e gastará un 33% máis nas provincias de Lugo e Ourense que nas atlánticas para afondar no reequilibrio territorial
    • A Administración galega destinará 3.522 euros por habitante en Lugo e 3.355 euros en Ourense, fronte aos 2.457 na Coruña e 2.728 de Pontevedra
    • As consellerías con maior orzamento serán Sanidade (3.614 millóns), Cultura e Educación (2.314) e Política Social (645)
    • Os beneficios fiscais aumentan un 7% e chegan ata os 391 millóns de euros, o que permitirá incrementar a renda dispoñible das familias galegas
    • A Xunta esgota o teito de gasto e disporá o vindeiro ano de 300 millóns máis para consolidar o crecemento san en Galicia
    • Os investimentos medran por riba da media e o gasto social sube 229 millóns
    • O conselleiro de Facenda entregou hoxe no Parlamento os proxectos de Lei de Orzamentos para 2017 e de Medidas Fiscais e Administrativas
  • A Xunta aproba un Orzamento para 2017 de 9.063 millóns de euros co obxectivo de reforzar o gasto social, impulsar os investimentos e consolidar o crecemento san
    • Os Orzamentos medran un 2,9%, esgotan o teito de gasto e superan os 9.000 millóns por primeira vez dende o ano 2011
    • Consolídase a maior rebaixa fiscal da historia da Autonomía e inclúense novas baixadas selectivas de impostos
    • O gasto social increméntase en 229 millóns de euros, cun aumento de máis de 160 millóns en sanidade e educación
    • O investimento medra un 4%, por riba da media e o gasto da débeda baixa un 13%
    • Elimínanse os impostos para os mozos, familias numerosas e discapacitados que merquen unha vivenda para vivir no rural
    • A Xunta vai reanudar en 2017 o complemento específico nas pagas extras dos empregados públicos, un ano antes do previsto
    • O Goberno galego prevé que a economía galega medre entorno ao 2,5% e que a taxa de desemprego baixará dous puntos, ata o 15,6%
Mostrando o intervalo 9 - 12 de 15 resultados.
Resultados por páxina 4
de 4
Temas relacionados