Actualidade - O CONSELLEIRO DE FACENDA AVANZA QUE A XUNTA PREVÉ OFERTAR ESTE ANO UNHAS 3.000 PRAZAS DE EMPREGO PÚBLICO
- O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, compareceu hoxe no debate de totalidade do proxecto de Lei de Orzamentos para 2017
- Indicou que a Xunta disporá este ano dunha capacidade real de gasto similar a 2009, e cun maior peso da sanidade e da educación
- Resaltou que Galicia está no seu mellor momento económico dos últimos oito anos, pese a que non están superadas todas as dificultades
- Insistiu en que as contas apostan por crear 20.000 empregos, eliminan impostos, reducen o déficit, incrementan os investimentos e reforzan o gasto social
- O gasto da Xunta de Galicia medra ata os 9.063 millóns de euros, con preto de 300 millóns máis para consolidar o crecemento económico e a recuperación
- "Temos feito moito, pero resta moito por facer", explicou o conselleiro, que incidiu na importancia de contar cun Plan Estratéxico como folla de ruta ata 2020
- Garantiu que Galicia terá unha posición "única e de país" cando se aborde a reforma do financiamento autonómico
- MAR CONTARÁ NO 2017 CUN ORZAMENTO DE MÁIS DE 142 MILLÓNS DE EUROS E DESTINARÁ DIRECTAMENTE O 65% AOS SECTORES PRODUTIVOS E AO DESENVOLEMENTO EMPRESARIAL
- A cifra total do orzamento é un 10% superior á deste ano e céntrase no apoio económico ao sector
- Destinaranse máis de 60 millóns de euros a manter a competitividade e mellora da calidade da produción pesqueira e da acuicultura e preto de 15 millóns de euros ao desenvolvemento sustentable das zonas de pesca
- Unha das apostas económicas fundamentais é a da mellora da valorización dos produtos do mar mediante a transformación, que contará con 5 millóns máis que o ano pasado
- Outra é o aproveitamento da potencialidade produtiva do mexillón, cunha partida de 24 millóns de euros, arredor de 6 millóns máis que este ano
- As partidas no eido da formación medrarán en case un 5% e acadarán case os 9 millóns de euros
- Ampliarase a aposta polas estruturas portuarias subindo os fondos de equipamentos portuarios e os destinados a investimentos de Portos de Galicia, que xuntos suman máis de 12 millóns de euros
- O Centro Tecnolóxico do Mar prevé incrementar o seu orzamento en preto dun 13%, superando os 4 millóns de euros
— 2 Elementos por páxina