Actualidade
- OS INVESTIMENTOS DA XUNTA PARA 2012 EQUILIBRAN O TERRITORIO PRIORIZANDO O GASTO POR HABITANTE EN LUGO E OURENSE
- O investimento por habitante na provincia de Lugo será de 926 euros e na de Ourense de 838, un terzo máis que nas de A Coruña e Pontevedra
- O Executivo galego aporta certezas aprobando os orzamentos para 2012 pese á irresponsabilidade do Goberno central de non concretar as súas contas
- Os vindeiros orzamentos autonómicos serán os máis sociais da historia da autonomía, cun 76% do gasto en sanidade, educación e servizos sociais
- O Goberno autonómico segue contendo o gasto corrente e acumula un aforro de 753 millóns de euros, o equivalente ao 1,3% do PIB galego
- Una xestión eficiente da Función Pública permitirá aforrar 300 millóns de euros en gastos de persoal durante a lexislatura
- A Xunta prioriza o eixe da dinamización económica do Plan Estratéxico para consolidar un novo modelo produtivo
- A XUNTA ADAPTA O MÍNIMO EXENTO NO IMPOSTO DO PATRIMONIO Á REGULACIÓN ESTATAL
- Facilita o acceso de pequenos investidores á dedución por investir en empresas que cotizan no MAB
- Converte en indefinida a dedución de AXD para constituír préstamos hipotecarios destinados á cancelación doutros
- Amplía as actuacións de protección do ambiente ás que pode destinarse o Fondo de Compensación Ambiental