Requisitos de acceso á Oficina Virtual
Nos procedementos e pagamentos telemáticos que requiran da realización de sinaturas electrónicas, débense ter en conta os seguintes requerimentos técnicos específicos:
- Sistemas operativos soportados
- Windows 7 ou superior
- macOs X El Capitan ou superior
- Linux (Ubuntu 16.04 LTS ou superior)
- Navegadores compatibles
- Internet Explorer 11
- Microsoft Edge 84 ou superior
- Mozilla Firefox 41 ou superior
- Google Chrome 46 ou superior
- Safari 10.1.1 ou superior
- Autofirma 1.5.0 ou superior. Descargue esta aplicación dende este enlace.
- Javascript activado no navegador web
- Precísase deshabilitar o bloqueador de elementos poder obter os documentos PDF que xeran as transaccións coa Oficina Virtual.
Pode comprobar se o seu sistema cumpre cos requisitos técnicos para a firma no asistente de axuda para a configuración dos entornos de usuario.
Certificado Dixital
- Debido ao carácter privado da información que tratarán certas aplicacións dentro da Oficina Virtual, existen opcións ás que só se pode acceder se se dispón dun certificado dixital, o cal, xunto a unha conexión segura, garante totalmente a privacidade e autenticidade de ditos datos.
- As entidades que ofrecen certificados dixitáis válidos para o acceso ós servicios da Oficina Virtual poden ser consultadas na seguinte ligazón:
- Para unha información máis detallada acerca da obtención do certificado da FNMT consulte "Obtener certificado Software".
Outras Consideracións
- Algúns dos accesos dentro da Oficina Virtual precisan dun lector de arquivos PDF. Para un correcto funcionamento recoméndase ter instalado o Acrobat Reader 7.x ou superior. Descargar o programa Acrobat Reader.
- Dende as 00:00 horas e ata as 03:00 horas a oficina virtual pode non estar activa por razóns de mantemento.
Para calquera dúbida ou consulta utilice o noso formulario de contacto.