Certificados electrónicos admitidos
¿Que é un certificado electrónico?
Un Certificado Electrónico é un documento electrónico emitido por un Prestador de Servizos de Certificación que permite a identificación do titular do Certificado e asinar electronicamente un conxunto de datos de tal xeito que se poida comprobar a súa autenticidade, integridade e procedencia.
A Consellería de Facenda admite como sistema de identificación e sinatura os certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados expedidos polos prestadores de servizos de identificación incluídos na Lista de confianza de prestadores cualificados de servizos electrónicos de confianza e soportados pola plataforma @Firma.