Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta nomea Secretario Xeral e do Tesouro a David Cabañó Fernández

O Consello da Xunta nomea Secretario Xeral e do Tesouro a David Cabañó Fernández

  • É licenciado en Administración de Empresas e ata o momento ocupaba o posto de director xeral de Política Financeira e Tesouro

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de David Cabañó Fernández como Secretario Xeral e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Nado na Coruña en 1970, é licenciado en Administración de Empresas pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de A Coruña (UDC) e funcionario do Corpo de Xestión da Xunta de Galicia na Escala técnica de Finanzas desde o ano 1999.

Ademais, conta cun Mestrado en Banca, Finanzas e Seguros da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e é diplomado en Ciencias Empresariais pola Escola Universitaria de Estudos Empresariais da UDC.

David Cabañó desenvolveu a súa carreira administrativa na Consellería de Facenda e Administración Pública e ata o de agora viña desempeñando o posto de director xeral de Política Financeira e Tesouro.